INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
GANDHI
 
 

30 de xaneiro, DÍA DA PAZ


Entre os moitos indios que querían para o seu país a independencia do dominio británico, estaba Mohandas Gandhi. A Gandhi, avogado hindú nacido no 1869, chamóuselle Mahatma, que significa home santo e bo.

Era moi novo cando loitou pola igualdade de dereitos para os indios en Sudáfrica. Fixo uso de métodos non violentos, como romper en público leis inxustas para que lles prestaran atención. Regresou á India no 1915 e empregou os mesmos métodos con obxecto de obrigar ós ingleses a outorgarlles a independencia. Esforzouse para acadar a concordia entre hindús e musulmáns, e foi asasinado por un extremista o 30 de xaneiro de 1948. As súas cinzas foron botadas ó Ganges.

A India conseguiu a independencia en agosto de 1947 gracias, sobre todo, a Gandhi que non foi político senón unha especie de filósofo místico de aspecto fráxil e insignificante, asiduo visitante dos cárceres, humildemente vestido. Gandhi acabou sendo venerado e seguido como un santo e foi un fanático quen o converteu en mártir ó disparar sobre o seu corpo escuálido e semiespido.

En Sudáfrica defendeu legalmente ós emigrantes indios e alí comezou a súa loita en favor dos dereitos humanos e tamén a súa longa cadea de detencións e condenas. Pero esta loita tiña unhas características moi peculiares: eran absolutamente pacíficas, sen violencia. Lanza campañas de desobediencia civil, organiza paros, manifestacións e xaxúns para protestar contra o tratamento dado ós indios. Este importante personaxe da historia proxectou a súa influencia espiritual sobre millóns de compatriotas e persoas de todo o mundo.

Foi un loitador incansable venerado polo seu pobo. Cada 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz en lembranza de Mahatma Gandhi a "ALMA GRANDE".


Natalia Penas e Paula Pájaro-2º ESO- C
(Outras Actividades Alternativas)

 

Inicio

Oferta Educativa