|
Ernesto Che Guevara naceu no seo dunha familia acomodada. Graduouse
como médico cunha tese sobre alerxias, pero exerceu pouco
porque en xullo de 1953 puxo rumbo a Guatemala e desde alí
foi a México, onde coñeceu ó mozo avogado Fidel
Castro, que preparaba unha expedición armada a Cuba.
Guevara foi un dos homes da guerrilla cubana da Sierra Maestra,
na que dirixiu unha columna que tivo como principal misión
a toma da cidade de Santa Clara, en decembro de 1958, batalla decisiva
para derrocar o réxime de Fulgencio Batista.
Tralo triunfo da revolución liderada por Fidel Castro, o
1 de xaneiro de 1959, o Che Guevara foi declarado "cidadán
cubano en recoñecemento ós servicios prestados ó
país'' e ocupou os cargos de presidente do Banco Nacional
e ministro de Industrias.
En 1965 desapareceu da escena política cubana para participar
no movemento guerrilleiro no Congo e un ano máis tarde reapareceu
en Bolivia, onde encabezou un pequeno núcleo guerrilleiro.
Pero once meses despois de chegar á selvas bolivianas, o
8 de outubro de 1967, foi capturado nunha emboscada polo exército
e levado a unha escola na aldea da Figueira, onde ó día
seguinte foi executado.
Os restos do guerrilleiro foron enterrados nunha fosa común
en Vallegrande, no sudeste de Bolivia, e trinta anos despois encontrados
e trasladados a Cuba, onde recibiu sepultura no mausoleo erixido
nunha praza en Santa Clara.
Ernesto escribiu varias cartas de despedida antes da súa
morte unha delas aos seus 5 fillos:
Aos meus fillos
Queridos Hildita, Aleidita, Camilo, Celia e Ernesto:
Se algunha vez tedes que ler esta carta, será porque eu
non estarei entre vos Case non me recordarán e os máis
pequenos non recordarán nada. O voso pai foi un home que
actúa como pensa e, seguro, foi leal ás súas
conviccións.
Medrade como bos revolucionarios. Estudiade moito para poder domina-la
técnica que permite domina-la natureza. Acordádevos
de que a revolución é o importante e que cada un de
nós, so, no vale nada. Sobre todo, sede sempre capaces de
sentir no máis fondo cualquera inxustiza cometida contra
cualquera en cualquer parte do mundo. É a cualidade máis
linda dun revolucionario.
Ata sempre filliños, espero velos todavía. Un bico
grandote e unha grande aperta de Papá
ALGUNHAS CITAS DO CHE:
§ O coñecemento fainos responsables.
§ Se non hai café para todos non haberá café
para ninguen.
§ A revolución non se leva nos beizos para vivir dela,
lévase nocorazón para morrer por ela.
§ O revolucionario verdadeiro está guiado por grandes
sentimentos de amor
§ Ser capaz de sentir indignación contra calquera inxustiza
cometida contra calquera persoa, en calquera parte do mundo é
a cualidade máis fermosa dun militante
§ O proletariado non ten sexo. É o conxunto de tódolos
homes e mulleres que, en tódolos postos de traballo do país,
loitan consecuentemente para obter un fin común.
§ A xuventude é a vangarda da revolución. Como
vangarda debe asumir o traballo, o estudo e o fusil. O traballo
e o estudo para desarrolla-lo futuro do país e o fusil para
defendelo
§ Ata a victoria sempre
§ Patria ou morte
Arizt. S4B
|