INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
ISTO É TODO UN LÍO
 
 

¿Canta xente coñeces que estudiou unha carreira universitaria e está traballando en algo para o que non se formou? Se o pensades ben, darédesvos conta que hai abondo, pois isto non pasa nos ciclos formativos, xa que máis de un 75% da xente queda a traballar nas empresas nas que fan as prácticas.
Pois ben, con isto non vos quero convencer para que fagades unha formación profesional, pero si quero criticar o que está a pasar no instituto este curso. Moitos de vós xa sabedes a que me refiro, pero para os que non o saiban, é o tema de formación profesional de Xestión Comercial e Marketing. Non se pode impartir este curso o ciclo porque só hai cinco persoas matriculadas, pero nos Bacharelatos e na ESO si se poden impartir materias, aínda que só haxa unha persoa ¿Credes xusto o que están a facer? Eu non o creo xusto, porque os de Bacharelato e os da ESO poden facer unha materia sendo poucos e os do ciclo teñen os mesmos dereitos, ¿non pensades?
Aínda que non é estraño, xa que os de comercio nunca contan para nada, só cando queren que fagamos pancartas, algún tipo de anuncio, etc. E non conformes con pasar de nós, agora o IES de melide está a punto de perder este ciclo para ser substituído por un de grao superior, cousa que me parece moi mal, xa que unha cousa non quita a outra.
É unha vergoña que Melide careza de moitas cousas e que a nosa vila veciña, Arzúa, que é moito máis pequena que a nosa teña máis facilidades para estudiar ca nós.
¡¡¡Temos que facer algo!!!, polo menos que medre Melide en EDUCACIÓN, xa que non medra en TRABALLO.

Ángel Manuel Neira Corral

 

Inicio

Oferta Educativa