INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
¿LERIAR OU DELIRAR?
 
 

Todo queda tan lonxe... Ás veces teño a sensación de que nada diso ocorreu e que todo foi producto da miña imaxinación nun bonito soño do que un día espertei e encontreime coa realidade. Xa sabía eu que todo era moi bonito para que eu o estivese vivindo.
Pero se aquilo foi un soño, ¡maldita sexa a hora na que espertei!
Pode que sexa mellor que todo sexa como é agora. Que bonito era ver o teu sorriso todas as mañás tan preto de min e que triste estou agora imaxinando o sorriso tan lonxe.
Todo cambiou en pouco tempo, ¿por que? ti xa non es aquel neno que eu coñecín e eu intento seguir sendo como era, pero de nada me vale tanto esforzo, porque o pasado nunca volve.
A pesar de tanto sufrimento, de tantas bágoas, de tantos rogos, non me arrepinto de nada. ¿Será porque aínda te sigo querendo?, pero, ¿que quero de ti? ¿e ti que dis? perdoa, xa me esquecía de que ti non pensas en nada sen ser en ti mesmo.
¿Ti sabes as veces que intentei esquecerte? eu xa non me lembro.
Cantas promesas teño feito eu, e o vento suave levounas. Cantas veces pedín non lembrar para poder esquecer.
Que difícil é esquecer, e que fácil foi amar.
E agora, o único que che pido a berros en voz baixiña é AMIZADE.
¿Disme en serio que é moito pedir? ¿Por que non me dás nin iso? ¿tanto mal che fixen eu?, entón ¿por que mo fas ti a min? ¿sabes que sinto cando paso pola túa beira e non dou dito un simple ata logo? ¿cómo o adiviñaches? pois si, sinto rabia, impotencia...
Agora o único que teño de ti son recordos, tanto bos como non tan bos, pero ¿sabes cos que me quedo? cos que alimentan ese amor.
Recordos que nin ti recordarás e que eu xamais esquecerei. Ata para iso somos tan distintos. ¿Sígote querendo? ¡Oxalá algún día o deixe de facer. ¿Cando chegará ese día? ¿Cando chegará o día no que te poida sacar do meu corazón? ¿Cando pare de latir?

Ana Mato Salgado
1º Bach-B

 

Inicio

Oferta Educativa