INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
MAÑÁ NON EXISTE
 
 

É unha danza macabra, pero eu sigo aquí, vendo como escintilan as estrelas.

Non sei se é a primeira ou a última calada, pero a lúa brilla esta noite para min.

Tomarei un café para non durmir: as noites de insomnio achegan mañá a nós mesmos. Perderei os meus ollos na infinidade cósmica para sentir esa vertixe de non ser nada. Cando voltes non serei a mesma porque a noite será distinta esta vez.

Intentarei un himno cada día sen pensar no de mañá, porque tal vez non volte a escurecer.

As cousas sucédense e parece que nada me importa, pero as feridas atópanse dentro, ocultas baixo unha capa moi sutil. Tan só quero que creas en min hoxe.

Mañá..., mañá xa non me importa. Non quero forxarme un bo futuro; quero aprender a realizarme como persoa.

Tomemos unha cunca de café e descubriremos moitas cousas sobre nós, sentiremos moitas cousas sobre nós, sentiremos que as horas son máis longas e as nosas paranoias menos profundas.

Dime que mañá xa non che importa e saborearemos a vida doutro xeito, brillará o ceo, brillaremos nós...

Porque mañá non existe. Bohemios nun espacio de rañaceos coma unha grande cidade, descubrindo sen agardar un novo camiño cara nós mesmos. Non sei se é a primeira ou a última calada, pero mañá, mañá xa non existe.

ESTEFANÍA SEGADE SUEIRO. S4B.

 

Inicio

Oferta Educativa