| |
A natureza preto de nós
Hai aproximadamente un ano que preto de Lugo foi creado un parque
natural,ó cal se lle puxo o nome de "Marcelle Natureza".
Este parque está situado no pobo de San Martín de
Guillar,no concello de Outeiro de Rei.Nesta reserva natural podemos
observar distintos animais,tales como :bisontes,llamas,cervos,axís,muflóns,avestruces,ñandúes,canguros,burros,cebras,renos,
dromedarios,etc.Tamén podemos desfrutar dunha área
de recreo,unhas fermosas tendas indias que nos achegan á
súa cultura.O parque tamén conta con unha tenda na
que podemos mercar uns recordos do parque,e nas súas instalacións
atopamos un restaurante,que chama a atención pola súa
particular decoración.
Eu persoalmente anímovos a que vos acheguedes ata ese precioso
parque,porque seguro que é do voso agrado.E por se vos interesa,o
horario de visita é no verán de 11 a 20:30 e no inverno
de 11 a 18 horas;excepto os luns que permanece cerrado.Así
que xa sabedes,preto de nós existe un fermoso parque natural
que vale a pena visitar.
Beatriz Rey Gosenje
S4A
|
|