INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
MENTE EN BRANCO
 
 

Ás veces, o profesor mándache facer unha redacción, escrito ou algo parecido. Non sabes que facer, nesas situacións un séntese incómodo e comeza a mirar para os compañeiros, a repasar tódolos recunchos da aula... Non sabes que facer, incluso chegas a desesperarte por temor a que a mestra che mande ler o teu traballo. Pasas minuto tras minuto, segundo tras segundo buscando un tema sobre o que escribir. Non se che ocorre nada, moito menos se estás aburrido, triste cansado ou simplemente non che apetece facer nada. Sempre so soe pedir axuda a alguén, alguén que pensas que che pode dar unha pequena idea. Ás veces funciona pero outras non.
Por outro lado, poste a escribir sen rumbo e sen saber o qué nin por qué escribes; neses momentos quédaste en branco e non sabes como seguir. Se consegues poñer algunhas manchas de tinta en forma de letras formando palabras todo irá ben. Sen embargo, se non es capaz de conseguir algo, só che queda agardar a que non sexas a persoa elixida para ler o ansioso e difícil de redactar escrito.


VERÓNICA MONTERO RODRÍGUEZ 4º ESO C

 

 

Inicio

Oferta Educativa