| |
- Ben, este é o primeiro artigo que facemos dende a clase
de Socioloxía e Ciencias Políticas, e queremos falar
dun tema que estivemos a tratar na clase.
- Sí, e que ademáis parécenos que pode resultarvos
interesante.
- E como bos filósofos que somos, farémolo por medio
do diálogo, seguindo o exemplo de Sócrates e Platón.
- Sí, ámbolos dous afirmaban que a filosofía
e o entendemento non era posible sin compañía de outros.
- Dito esto, anunciamos o tema a tratar: o sistema penal, básicamente,
prisións, centros de menores, condeas...etc
- Concretamente imos tratar a cuestión da diferencia entre
o que se chama réxime aberto e réxime pechado dentro
da prisión.
- E decir, de cales son as diferencias entre un preso que está
en réxime pechado e outro que está en réxime
aberto.
- O réxime aberto é aquel no que se atopan a maioría
dos presos, por todo tipo de delitos, sexan roubos, drogas...etc
- Cando estes presos manifestan a súa inadaptación
no réximen aberto, ou son considerados perigosos, pasan ó
réximen pechado ou FIES
- Dentro de este réximen pechado hai dous tipos: os departamentos
especiais e os módulos pechados
- Ambolos dous son moi duros, xa que supoñen saídas
ó patio durante tres ou catro horas, rexistro de celdas,
cacheo de desnudo integral...
- Isto supón tamén que pasen 20 horas diarias de illamento
na celda. Como resultado obsérvanse torturas psicolóxicas,
soedade, violación da intimidade e abuso de poder por parte
dos funcionarios
- Por outra banda, o illamento produce unha gran privacion sensorial
por parte do individuo, e como consecuencia as súas sensacións
diarias acaban sendo sempre as mesmas
- Dise que esto pode xerar trastornos como alucianacións
e delirios, alteracións dos sentidos, así como perda
da vista e oído, ou no caso máis grave, brotes psicóticos
- O final, o individuo acaba caendo nunha situación na que
é incapaz de cambiar o rumbo dos acontecementos
- Outra das cuestións que queríamos tratar aquí
é a polémica lei do menor
- Por si non sabedes por donde anda o tema, imos contarvos algo
sobre o asunto
- Esta lei entra en vigor en xaneiro do 2001
- E o seu obxetivo e reeducar e reinsertar o menor de entre 14 e
18 anos
- Para os menores de 14 anos non existe pena, por moi grave que
sexa o delito
- Ademáis, se ós 6 meses non se celebra xuizo os menores
quedan en liberdade
- Para maiores de 16 anos a pena máxima é de 10 anos,
e para os menores de 16, o máximo son 2 anos
- Os delitos máis comúns son roubos, pequenas lesións...
- Podemos lembrar no medio de esta polémica o caso de dous
menores que foron condeados a 8 anos de internamento por mor de
violar, queimar e asasinar a outra menor
- Outro caso peculiar foi o do asasino da katana, que matou a súa
familia con dita arma, inspirado, según parece nas aventuras
dun videoxogo
- Falando de condeas, Emilio Calatayud é un xuiz de menores
que é coñecido poolas súas particulares condeas
- Como por exemplo o caso do menor que conducía sen carné
e foi condeado a preparar a parte teórica do mesmo
- Pero para saber que opinades vós sobre todo esto, saímos
á rúa e fixemos unha serie de preguntas...
- Gustaríanos coñecer a vosa opinión sobre
a lei do menor e si debería de ser reformada
- E tamén si considerarades que o castigo ten que ser proporcional
ó delito...
- Esperamos que no seguinte número de Intres aparezan as
vosas respostas
|
|