|
Achero Mañas presentounos "Noviembre" anteriormente;
os guións escribiunos el coa colaboración de Federico
Mañas. Pero a dirección foi só cousa de Achero.
Un fresco que se pode definir como unha "nostalxia anticipada",
e que se pode considerar de xénero dramático, nárranos
os avatares dun grupo de teatro de rúa. Un mozo, Alfredo,
decide crear "unha arte máis libre, feita co corazón,
capaz de facer que a xente se sinta viva". O seu concepto do
teatro comeza máis alá do escenario, trasládase
ao pé da rúa, cara a cara co público. Nunha
praza calquera, nun parque ou na avenida máis comercial da
cidade, Alfredo e o seu grupo Noviembre comezan a función.
Unha historia sinxela, sensible e independente, fonda, profunda
e severa no final. Un valoroso e arriscado canto poético
á independencia do teatro, e un incitante berro contra o
estancamento e a falta de ideais que se padecen, nesta desmenbrada
sociedade oca.
Achero é tan caracterizado en estilo e xeito como director,
que é imposible sorprenderse neste novo traballo.
Este filme competiu na Sección Oficial do Festival de San
Sebastián.
Composto fundamentalmente por oito mozos (Javier Ríos,
Jordi Padrosa, Nuria Gago...), liderados por Óscar Janeada
(Alfredo) e Ingrid Rubio (Lucía).
Mañas, o que xa foi director da exitosa "El Bola",
parece asegurar que "Noviembre" quere suscitar unha sorte
de "nostalxia anticipada" nas súas personaxes porque
recordarán para sempre ese momento das súas vidas
no que crían na utopía.
Dito filme é narrado como se se tratara dun documental
no que se alternan entrevistas a veteranos actores que lembran o
seu pasado nunha troupe teatral vangardista, con escenas na rúa
e reflexións políticas.
Algúns cinéfilos opinan que "Noviembre"
fai unha exposición pasada de moda propia dos anos 70, pero
tamén, se o pensamos ben, eu creo que non lle interesaría
situala nesa época porque sería anacrónico
neste tempo que vivimos.
A película preséntanos un espírito xove acentuado
en actores que foron gravados cunha cámara de vídeo
para obter unha amior fluidez e espontaneidade da que permite a
instalación dun equipo de gravación. Na película
pódese ver a xente que sae alí pero que non son actores,
é dicir, eles estaban vendo o espectáculo que nin
imaxinaban que era unha película, crían que o grupo
estaba a gravar as súas propias actuacións.
Só algúns actores de "Noviembre" xa experimentaran
o teatro de rúa de verdade.
Como se pode ver na película, creo que o teatro de rúa
é como unha vía de expresión brutal,
convertida en arte; "Noviembre" parece facernos crer
que o que fas serve para algo.
Esta película recoméndoa, se é que aínda
non a vistes, porque en certo modo axuda á arte, que, penso,
ultimamente está vivindo un momento decadente, e non se debe
deixar que isto siga así.
É lóxico que, exceptuando a "carnicería"
habitual na que se conforma o panorama tan odiosamente envexoso
de "España", "Noviembre" chamara moito
a atención no estranxeiro.
Verónica Mouriño Sesto 4º ESO C.
|