INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
O FÚTBOL
 
 

Eu, como moita máis xente, son unha admiradora, gústame un equipo, e tamén me gusta velo xogar, pero hai un pequeno detalle que vin estes días.
Imos ver, estamos fartos de dicir: "ETA non", ¿a que si?; tamén estamos fartos de dicir que non queremos guerras, pero sen embargo, nun partido "amigable", matan a alguén, e a única desculpa que se lle pon á xente é que, por ser un partido amigable non fai falla poñer seguridade. ¿Iso é lóxico?
¿E esa pobre nai e pobre pai que tiveron que informarse pola radio de que o seu fillo morrera nun campo de fútbol?, ¿isto que é? ¿en que mundo vivimos?. Non me quero meter en política, pero si dicirvos que estamos nun mundo moi malo, non estamos en guerras, nin nada polo estilo, pero... non hai ninguén que nos bote unha man.
Porque vexo normal, algunhas veces, que se inventen uns medios de comunicación, o que non vexo lóxico é que nun caso como o de esta familia os "vacilen" así. Home, xa sei que hai moitos casos coma este, pero eu pregunto:
¿De que serve ver o fútbol se cando saes do partido quedas sen vida, e a túa familia sen decatarse por que ninguén llelo comenta?
Está claro que como as cousas se poñan así, co terrorismo nunca imos acabar.
E que conste que o terrorismo non só é ETA, senón todo aquel que mata por "hobby", así que... mozos/as, hai que reflexionar se merece a pena ir ver o fútbol ou non. Podémolo comparar con ir ó servicio militar, nos dous arriscas a túa vida, e nos dous hai armas.
Con isto déixovos, e espero que cambien os mundos para mellor.

Cristina Fernández Carnero. 1º BAC-B


 

Inicio

Oferta Educativa