| |
¿O do galeguismo? Pois mirade, eu téñoo moi
claro.
Xa sei que, ao mellor, vos aburro a algúns con este tema,
xa que ultimamente é bastante repetitivo, pero...¡éche
o que hai, amigo!
Nestes anos nos que vivimos, padecemos unha constante perda de
falantes, sobre todo nas novas xeracións. Unha perda de falantes
que, de seguir así, poderianos levar a unha lingua "residual".
Penso que a situación da nosa lingua nestes momentos é
bastante grave, pero coa axuda de todos, estou segurísima
de que podemos evitar a súa extinción.
Están a meternos caña por todos os medios, pero
aínda así, parece que non é suficiente.
Pero as cousas como son: non creo que a gaita sexa o mellor instrumento
do mundo, nin a muiñeira a mellor danza. Nin que as costas
galegas sexan a mellor paisaxe, nin lerias desas. Con isto, só
quero dicir que non se trata de que o noso sexa o mellor, porque
todos os sitios teñen cousas boas e malas, simplemente que
é o noso. E dende logo, temos algunhas cousas que debemos
cambiar ou destruír e outras que mellorar. E se nós
non as defendemos, ¿quen as vai defender?
Pois con isto, a lingua.
Non hai linguas mellores nin peores, por suposto, pero cada un
debe coidar a que ten.
Ata, ao mellor, algún de vós, chegastes a preguntarvos
se é tan malo que unha lingua desapareza ¡Pois home!,
imaxinade que desaparecera a Catedral de Santiago, ou o Partenón.
A vida podería seguir tranquilamente ¿non?, pero xa
non sería o mesmo.
Todo o mundo sabe que debemos defender a construcción de
monumentos. Pois a nosa lingua é coma un monumento. E o único
xeito de que non desapareza é ¡¡¡FALÁNDOA!!!,
así de claro.
Se vos fixades, se cada vez que estamos nun grupo no que hai alguén
que fala castelán, e non sabe ou non quere falar galego,
aceptamos falar a súa lingua, nunca falaremos a nosa. E,
aínda por riba, conseguimos que ditas persoas non aprendan
a falar galego. Seguro que a maioría de vós nunca
vos parastes a mirar a cousa dende esta perspectiva, pero é
a pura realidade.
Cando a moita xente se lle rifa pola teima do galego, todos din
"si, si, a partir de agora vou falar galego"; e ao cabo
de cinco minutos xa están todos "chapurreando",
porque nin se fala ben unha cousa nin a outra.
Tedes que saber que somos a primeira xeración de xente
moza que pode perder o galego ¡Pero tampouco digo que deixedes
de falar castelán! Debemos falar as dúas linguas por
igual, pero o galego é o que está en decadencia, e
o que, nun próximo futuro, podería desaparecer. Pero
só vos pido que reflexionedes, e que faledes galego, aínda
que só sexa "un pouquiño" (adicado á
xente que fala sempre en castelán).
A lingua é nosa, de quen a fala e
¡non podemos permitir que se perda!
¡¡¡POR FAVOR, FALADE GALEGO!!!
"... eu quixen e quero que a fala galega
durase e continuase, porque a duración da
fala é a única posibilidade de que nós
duremos como pobo. Eu quixen que Galicia
continuase e, ó lado da patria terreal, da
patria que son a Terra e os mortos, haxe
estoutra patria que é a fala nosa.
Álvaro Cunqueiro.
"Non esquezamos que se aínda somos galegos
é por obra e gracia do idioma".
Castelao.
Unha rapaza que non perde a esperanza...
Lorena Varela Amboage 4º ESO C.
|
|