INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
O GUERNICA DE PICASO
 
 

O Guernica de Picasso
París, 1937. Madrid, Museo do Prado.
351 x 782 cm.

Cando o 29 de abril de 1937 chega a París a nova de que a pequena cidade de Guernica foi bombardeada polo día coas rúas cheas de xente, Picasso, alporizado, xa sabe cal será o tema da obra que o goberno da República española lle pediu para o seu pavillón na Exposición Internacional de París.
O Guernica é unha obra de denuncia e de protesta contra os bombardeos, contra a violencia, a barbarie e a guerra.
O primeiro que vemos son as consecuencias de guerra: o neno morto, a casa en chamas, corpos lacerados, berros, olladas de estupor. O touro que representa a brutalidade contempla a escena desconcertado. O cabalo representa ó pobo, domina o centro da obra e coa boca aberta cuspe desafíos disposto a non renderse.
As figuras máis conmovedoras do cadro son as catro mulleres con expresións de abraio, medo e dor. Na dereita do cadro vemos a un home desesperado que ergue os seus brazos cara o ceo.

As formas, as cores (moi poucas, gris, negro, amarelo e branco), os desgarros, os contrastes, fan do Guernica o manifesto político do artista. O cadro axiña se converte no símbolo da cultura que se opón á violencia.
A obra excede a posible denuncia para converterse en emblema, en mensaxe. Unha pintura feita de formas dramáticas, violentas, condenadas á ausencia da cor: a cor significa luz e releve, e a súa ausencia evoca irresistiblemente a morte. Non só a morte das víctimas, senón tamén da civilización.
Picasso creou co Guernica un gran monumento á desesperación humana.

Tomás Mato Amboage 2º- ESO-C
(Actividades Alternativas)

 

Inicio

Oferta Educativa