|
Os primeiros libros graváronse sobre táboas de madeira
aínda que anteriormente empregouse a pedra como soporte.
En Grecia e Roma as táboas de madeira recubríanse
con cera e gravábase nelas a escrita cun punzón ou
obxecto semellante. Despois, estas táboas uníanse
por un lado mediante correas de coiro ou aneis de metal.
En Asiria e Babilonia escribíase en táboas de arxila
cunha superficie branda na que se gravaban as letras con pezas de
madeira. Estas táboas cocíanse e despois gardábanse
nos andeis. Duraban moito e algunhas chegaron ata os nosos días.
O material máis empregado na antigüidade era o papiro
fabricado a partires dunha planta alta parecida a unha cana da que
se cortaban unhas tiras parecidas ó papel. Os papiros utilizáronos
as antigas civilizacións ata o S. V aproximadamente.
Outro material moi empregado era o pergamiño que se facía
con peles de animais novos. Duraban máis có papiro
pero resultaba máis caro. Tamén se empregaba outro
tipo de pergamiño máis fino chamado vitela. Os primeiros
libros escritos nestes materiais tiñan forma de tira continua
enrolada nun cilindro de madeira situado no lado oposto. A estes
rolos os romanos denomináronos volume de onde procede a palabra
actual.
No antigo Exipto, os papiros soían conservarse en tumbas
seladas polo que se conservan miles deles. Non pasou o mesmo con
Grecia e Roma xa que debido ás frecuentes guerras e conflictos
destruíronse e queimáronse importantes bibliotecas
e arquivos.
En Roma, os libros eran bastante abondosos pois sábese da
existencia de moitas librarías e que cara o ano 39 a.C. fundouse
a primeira biblioteca pública.
Daquela só os ricos podían mercar libros e soían
ter os seus propios escribas encargados de copiar textos de bibliotecas
importantes. O escriba ou librarius soía ser un escravo,
pero era moi apreciado por saber escribir.
Na Idade Media, a arte da escritura acadou niveis moi altos. A
maioría dos escribas ou copistas eran monxes que dedicaban
toda a súa vida a esa tarefa. Invertían moitas horas
en escribir e ilustrar unha soa páxina.
As bibliotecas soían encadear os exemplares nos andeis para
evitar que alguén os roubase e só podían consultar
os libros as poucas persoas que sabían ler. A verdadeira
difusión do libro produciuse coa invención da imprenta.
Os primeiros libros impresos.
Johann Gutenberg naceu en Alemania no 1400 e foi o que inventou
a imprenta no 1440 e nesa mesma data empezouse a empregar o papel.
A primeira obra impresa foi probablemente a Biblia de 42 liñas
escrita en latín a dúas columnas ó redor do
1452. A difusión da imprenta foi tan rápida que a
finais daquel século xa había máis de 200 imprentas
en Europa.
Antes de rematar o S.XV introduciuse un novo tipo de letra chamado
letra branca que foi o antecesor do tipo romano usado hoxe.
Os primeiros libros non tiñan portadas, empezaban simplemente
coa primeira páxina do texto. Axiña os libros impresos
acadaron unha grande perfección e os artesáns amosábanse
orgullosos do seu traballo.
Tódolos libros impresos entre 1455 e 1530 chámanse
"incunables". Din que houbo uns 450.000.
A prensa de madeira foi o primeiro instrumento usado para imprimir.
Con este invento, a cultura foi asequible á maioría
da xente deixando de ser privativa para uns cantos.
Patricia Rodríguez Mosteiro 2º ESO-C
(Actividades Alternativas)
|