| |
Amigos e amigas que ledes o Intres, diríxome a vós
xa que quero expoñer o que sinto por esas e eses homes e
mulleres que son maltratados/as. Cando vexo a televisión
e escoito o telexornal, sempre ou case sempre hai algunha persoa
que é maltratada, ou algunha que xa mataron. A min iso non
me parece lóxico, pegarlle a unha persoa non é bonito,
todo o contrario. O que peor me parece é que despois de pegar
piden perdón e son perdoados, e iso non podería ser,
terían que probar a súa mesma menciña.
Amiguiños e amiguiñas, aínda que un home lle
pegue a unha muller, non quero dicir que sexa máis home,
senón todo o contrario, sería un "galiña";
unha persoa que pega ou ameaza a alguén de morte é
porque ten medo de algo, porque non sabe que iso pode chegar a ser
unha enfermidade.
Eu digo unha cousa: "falando, enténdese a xente",
e ese refrán xa é moi vello, así que se algunha
vez lle tedes que pegar a alguén, pensádeo dúas
veces, pensade que falando só podedes chegar ó enfado;
se golpeades, golpeamos ou golpean, podemos chegar a cousas peores,
aí teriamos un bo problema, así que, amigos e amigas,
non fagades como fan algúns, mirade se o problema ten algunha
solución que non sexa tan drástica, porque penso que
a ninguén lle gusta que lle peguen, ou que nos peguen.
Poñédevos no lugar desas mulleres por un momento,
sería moi difícil superar que unha persoa que vive
contigo está día e noite bourando en ti por unha tontería,
como pasa ás veces.
O dito, amigos e amigas, pensade dúas veces o que ides facer,
que falando ben enténdense as cousas, e se non, pasar do
problema e xa está.
Cristina Fernández Carnero. 1º BAC-B
|
|