| |
Unha rapaza de doce anos chamada Lucía tiña un irmán
maior, Daniel, o pai, Xosé e a nai, Mª Luísa.
Un día soleado, collen o autobús diante da taberna.
Cando baixan, Lucía choca con un señor que lle di:
- ¡NENA!, ten coidado!
- Perdoe, señor -tentou desculparse Lucía.
- ¡A estes rapaces non lles ensinan educación! Vasmas
pagar, inútil.
Achegouse seu irmán e dúas amigas, Fani e Cristina:
- ¿Quen é ese señor?- preguntou Daniel.
- Non sei, pero choquei con el e anoxouse moito, despois díxome
que llas ía pagar -contestou ela.
-Tranquila, ninguén se vai meter contigo -asegurou Fani.
A cousa quedou así.
Cando chegou á casa Lucía, a porta estaba pechada
e ninguén lle abría. Foi á casa da veciña
a ver se estaba alí:
- Dona Carme, ¡ola! - a señora estaba na ventá.
- Dime, ¿como estás?
- Eu estou ben, pero miña nai non está, ¿sabe
vostede onde pode ir?
- Non, ¿e teu irmán?
- Meu irmán foi a unha excursión a León.
Óese o ruído dun coche, era o pai:
- Lucía, ¿que fas aquí?
- Esperar a que me abras, papá.
- ¿E logo?
- A porta está pechada e mamá non debe de estar porque
non me abre.
- Logo abro eu, veña para a casa.
Entraron na casa, foron ata a cociña, viron sangue no chan
e chamoulles a atención un papeliño que estaba no
chan. Xosé colleuno e deullo a Lucía para ler:
"LUCÍA, SON O SEÑOR DA MAÑÁ, ¿RECÓRDASME?
VAS SUFRIR COMO MERECES"
Logo soou o teléfono, Xosé colleuno; era a profesora
de Daniel que chamaba á familia para informalos de que este
estaba en urxencias e que o mandaban nun helicóptero para
aquí.
O papá colleu a filla do brazo e mandouna subir ó
coche. Chegaron ó helicóptero e cando Lucía
viu a seu irmán a punto de morrer, empezou a chorar.
Ó día seguinte, a Daniel trasladárono a unha
habitación e pediu falar coa súa irmá:
- ¿Que queres, Daniel?
- O home de onte empuxoume e caín polas escaleiras.
- ¿O que empuxei sen querer cando saímos do autobús?
- Si, e díxome que el matara a nosa nai.
- Voume vingar dese home - dixo decidida.
¿Collerían a ese home? ¿Salvaríase Daniel
da morte? ¿Vingaríase Lucía?
Se o queredes saber, lede a próxima revista onde terán
resposta estas preguntas.
|
|