| |
ESTÁ LISTO PARA A PRÓXIMA PRIMAVERA.
Parece que todos os rumores e comentarios sobre o posible traballo
de Enrique Bumbury estanse despexando. O propio artista asegura
que se poñerá a traballar no seu disco en xaneiro
"A viaxe a ningunha parte", que é así como
te titula, perfilase como o traballo máis grande do zaragozano.
Por todas era sabido que Bumbury traía algo entre mans, sabíase
ata o título do álbum: "A viaxe a ningunha parte
".
Agora temos algún dato máis dese esperado traballo,
será a súa cuarta producción discográfica
en solitario.
O propio artista asegura que "vai ser un disco importante na
súa carreira".A composición e a elección
das cancións está xa bastante avanzada.Son uns corenta
temas compostos entre Nicaragua,Marrocos e Cádiz.As viaxes
que o artista realizou por terras latinoamericanas neste verán
tamén foi froito de inspiración.
Podemos adiantar algúns posibles títulos que Bumbury
ten na mochila: "Lo que queda por vivir", "Por un
malnacido", "Trinidad", "La pulpería
de Lucita", "Los restos del náufrago", "Que
no sepa tu mano derecha lo que hace tu mano izquierda",El aragonés
errante",entre outros moitos.
A clara tendencia que Bumbury ten cara a Latinoamérica quedará
patente no disco que, segundo afirma"posúe un contido
moi latinoamericano"O éxito obtido nestes países
coa xira que fixo co seu anterior disco "Flamingos",poden
ser unha das razóns do cariño que o ex Heroes do Silencio
ten a estas terras.
Aínda non se sabe que artistas colaborarán neste traballo,
aínda que se especula con algún nome como a banda
colombiana Catupeau Machu, coa que estivo a punto de elaborar este
verán.
Nada mais publicarse "A viaxe a ningunha parte", o artista
anunciou que actuará en varias cidades españolas e
que fará unha xira por Latinoamérica.
Bumbury pensa encerrarse no estudio este próximo mes de xaneiro
para dar forma a este disco.Prevese que sairá en maio do
2004.
|
|