| |
Hai historias que terminan e esta é unha delas. Imos comezar
polo principio. Unha señora de Nixeria que se fixo famosa
por ser condenada a morte por lapidación, é dicir,
queríana matar a pedradas por ter un fillo cando xa estaba
divorciada. O seu calvario comezou cando xa tiña 31 anos
e era nai de catro fillos. Foi condenada polo tribunal en marzo,
pero este enganouse, porque non lle permitiu retractarse das súas
confesións durante o xuízo, segundo indicou o xuíz
Ibrahim Maingua. A avogada de Amina Lawal centrou a súa defensa
baseándose nos feitos e o procedemento. Tamén alegou
que a nena Wasila, nacida hai dous anos despois da súa separación,
foi concebida antes da entrada en vigor da Sharia no estado de Kalsina
e que o embrión foi o resultado dun posible "embrión
durmente" (fenómeno recoñecido pola lei islámica)
fecundado mentras estaba aínda casada. Amina enfrontouse
soa á acusación, pois o seu compañeiro sentimental
negou de forma rotunda ser o pai da criatura. Amina foi absolta
o 25 de setembro de 2003. O mérito todo da súa salvación
téñeno as asociacións pro dereitos humanos
encabezada por Amnistía Internacional, que conseguiron preto
de 9.600.000 firmas para o caso de Amina. Aínda quedan moitas
mulleres condenadas inxustamente, como é o caso da cidadá
Yemení Laila Radman que foi acusada igual que Amina a ser
condenada por lapidación. Entre todos temos que procurar
que estas condenas inxustas se terminen e as mulleres e homes teñan
os mesmos dereitos para facer un mundo mellor.
A nós parécenos moi ben que a xente salve (por Internet)
a persoas que non teñen por que ser asasinadas. Amina non
tivo a culpa de estar embarazada, ela non o sabía e despois
de estar embarazada ela pode estar con outro home; aínda
así, ela quixo ter o seu fillo, por iso non a tiñan
que matar e menos desa forma tan cruel. A xente tiña que
ser libre. Que teña un fillo non lle molesta a ninguén,
iso non ten nada de malo. Hai xente que fai cousas peores e só
a meten no cárcere.
Estamos en contra da lei esta de Nixeria onde de que "o feito
é suficiente para ser declarada culpable", esa lei é
moi absurda, xa que non ten sentido que ter un fillo fóra
do matrimonio sexa motivo para matar a unha persoa enterrándoa
pola cintura e tirándolle pedras ata matala.
Estamos contentos por poder salvar a Amina, e esperamos que este
feito non se volva repetir, aínda que queda moita xente na
situación de Amina, só queremos dicir unha cousa:
"Viva a liberdade".
NURIA MEJUTO FERNÁNDEZ
VANESSA TABOADA VÁZQUEZ
2º ESO-D
|
|