| |
Nós, segundo a teoría científica provimos
dos monos. Os nosos antepasados eran os monos ,si, parece mentira
que teñamos algún parentesco con esas cousas peludas
e sebosas que viven nos zoolóxicos e que están alí
para facer monadas, nunca mellor dito. A verdade é que non
nos parecemos nada a eles, pero é divertido deixar voar a
nosa imaxinación por un día. Remontémonos milenios
de anos máis atrás, na época na que existían
os dinosauros...
Fai moito, moito, moito, moito tempo os monos habitaban a terra.
Primeiro apareceron os monos, despois os simios, logo os Australopithecus,
en cuarto lugar os Homo Habilis, a continuación o Homo Erectus,
en sexto lugar o Homo Neanderthalensis e por último a nosa
especie..., ¡presentámoslles o Homo Sapiens! Igual
cós nenos, os monos crecen e melloran, polo tanto en algo
se parecen a nós.
Un dos primeiros monos chamáronlle Lucy. Lucy é un
fósil de Australopitecus, A rocha onde o atopou Donald Johanson,
-¡ollo!, non é o da tele- ten 3,5 millóns de
anos.
Fixémonos agora un pouco nos simios. Os simios deron un gran
golpe na evolución ó converterse en bípedes
e esto trae moitas vantaxes , pois eso significa que podían
utilizar as mans para coller e facer moitas cousas ó mesmo
tempo. Esto foi transmitíndose de mono a mono ata crear un
ser case perfecto: o Homo Sapiens.
Os Australopithecus tiñan uns dentes lixeiramente inclinados
cara adiante e eran moi afiados, usábanos para desgarrar
a comida. Vivían en grupos e eso permitíalles axudarse
uns a outros e especializarse nas actividades que realizaban. Comían
térmites e froitos das árbores. Usaban o pao como
ferramenta e xa tiñan coitelos. Estes habitaban no continente
de África.
O Homo Habilis comía carne, pois este home primitivo dedicábase
a caza de animais, e esto fixo que o cerebro se lle desenrolara
debido ás proteínas. Tiña unha vida arriscada
porque non tiña roupa e podía contraer facilmente
enfermidades. Tiña a cabeza redonda, nariz chata e meixelas
cara adiante.
O Homo Erectus. Foi o primeiro que abandonou o continente Africano.
Dirixiuse ó norte, cara a Oriente Medio e Asia, chegando
máis tarde a Europa. Este cultivaba follas, raíces,
froitas e tamén cazaba. Tiña o cerebro máis
grande có Habilis e era máis corpulento. Foi o que
descubriu o lume. Aconteceu nunha árbore e deulle o nome
de pr... Empezaron a utilizalo para protexerse dos animais salvaxes
e para asar a carne, o que lle permitía que non fora tan
pesada ó chegar ó estómago e máis fácil
de desfacer. Tamén descubriu a forma de tallar a pedra, de
tal forma que despois quedara afiada e se puidera cortar os alimentos:
carne e a pel dos animais.
Homo de Neanderthalensis. Estes era fortes. Dedicábanse a
cazar rinocerontes, mamuts laúdos e tamén animais
grandes. Fabricaban armas e utensilios complexos con ósos.
Desapareceron canda os glaciares se retiraron de Europa. Viviron
durante a última glaciación, estaban ben preparados
para resistir o frío: eran baixos e tiñan abundante
graxa corporal. Os Neanderthalensis, como os Habilis, sabían
facer pequenas lanchas con toros para cruzar os ríos e pescar.
E por fin chegamos ó Homo Sapiens. Todos os seres humanos
actuais pertencen a esta especie. Eran moito máis altos cós
anteriores. O nome de esta especie, Cro-Magnons, a nosa especie,
provén dunha cova francesa onde se encontraron os primeiros
esqueletos. Estes seres humanos realizaron delicadas pinturas e
tamén sabían facer vestidos con peles de animais.
As pinturas eran sobre todo de animais, aínda que tamén
aparecían persoas. Estaban relacionadas coa caza.
Hai moitas teorías que din que o ser humano provén
dos monos. A verdade e que si nos puxéramos a contar as cousas
que temos en común con este seres peludos daríamosnos
conta que nos parecemos moito a eles, a pesar de que non queiramos
que sexa así. Antes parecía imposible que tivésemos
un parentesco cos monos, pero agora cos datos científicos
xa se fai crible e posible.
lucy Ariana Trastoy López. 1º C
|
|