| |
Pedro Duque: un español en órbita
Superdotado, ateo, cunha formación incrible e unha profesión
realmente fascinante.
O primeiro astronauta nacido en territorio español, a pesar
de que Pedro Duque non vai pisala lúa, o que si vai facer
é selo cabeza de expedición formada por él
e máis un ruso e un americano que van ó seu mando.
Partiu dende a plataforma de lanzamento de Baikonur, o 18 de outubro,
e eu personalmente deséxolle que teña unha boa viaxe
que teña sorte e que sexa capaz de realizar os 7 experimentos
que vai realizar no espacio, en tan só oito días,
experimentos que segundo se cree poden servir para curar enfermidades
como o cáncro, que ata hoxe se crían incurables,
Naceu en 1969, ten 44 anos, ata os 15 anos non soupo que era superdotado,
o seu soño era ser astronauta, estudio na universidade politécnica
de Madrid Enxeñería Superior Aeronáutica, carreira
que acabou con 23 anos con media de matrícula de honor, con
esa idade deixou o fogar de Madrid, con 29 anos foi seleccionado
para entrar na Axencia Espacial Europea. O 29 de outubro de 1998
realizou a súa primeira viaxe ó espacio, no transbordador
Discovery, tiña 39 anos. Levou de compañía
bonecos dos seus fillos, e CD música clásica e española,
(Nino Bravo, Serrat). É terriblemente supersticioso a pesar
de ser ateo, cumpliu varias supersticións, que están
basadas nas cousas que fixo Gagarin na posta en órbita e
que lle converteu nun mito entre os cosmonautas rusos. Almorzou
o mesmo, bebeu un sorbo de champan, e como non, fixeron unha parada
obligatoria antes de chegar á plataforma de lanzamento, e
mentres o conductor lle daba aire ás rodas eles orinaron,
como fixo Gagarin o día da súa posta en órbita.
É dicir Pedro Duque é un español que vai entrar
na historia do noso país e na historia dos cosmonautas e
astronautas, vai marcar un antes e un despois na ciencia actual,
xa que segundo el, moi pouca xente ten a flema para meterse na boca
do cosmos, e por iso, moitos que de pequenos soñamos con
ser astronautas, sabemos que para iso se teñen que dar moitas
características que en españa ata o momento só
se deron unha vez.
Xa para concluír, dicir que deberíamos estar orgullosos
do noso compatriota que vai viaxar ó espacio e que está
camiño de converterse nun dos españois máis
influíntes que a ciencia deu e dará nun futuro.
Fernando Caldeiro: Un galego con expectativas de altura
A pesar de que este home naceu en Buenos Aires, él síntese
totalmente galego, debido á orixe dos seus avós. Os
seus pais son de León pero os seus avós naceron en
Lugo e en Curtis, moi cerca do noso concello.
O seu maior desexo é subir ó espacio como xa fixeron
López Alegría e recientemente, Pedro Duque. Afirma
que en 2005 ou a finais de 2004 xa cumpla o seu desexo coa estación
espacial internacional, e realizar en órbita unha serie de
experimentos que lle sexan ordenados.
Afirma que é un gran amigo de Duque a quen coñeceu
en Houston (Texas) có que compartiu ensinanzas. Ten o mesmo
nivel na clasificación, ambos son do grupo 16 e a diferencia
é que Fernando representa á N.A.S.A. (Nacional Aeronautics
and Space Administration) e Duque á E.S.A. (European Space
Agency).
O curriculo de Fernando Caldeiro é realmente impresionante
como corresponde a un astronauta de nivel. Ten a titulación
de Ciencia Aplicada en Tecnología Aeroespacial pola Universidade
estatal de New Cork, en Farmingdale; en Ingeniería Mecánica
por Arizona, y máster en Ciencia de Gerencia de Ingeniería
pola universidade de Florida central.
Empezou na N.A.S.A. cando é trasladado desde Rockwell, donde
traballaba como director de producción e probas de bombardero
B-1, ó centro espacial Kennedy como especialista do sistema
espacial Kennedy como especialista do sistema principal de propulsión
dos transbordadores. Foi empregado por esta axencia en 1991 como
experto en sistemas criogénicos e de propulsión, e
foi seleccionado como candidato a astronauta en abril de 1996, preparación
que levou a cabo no centro espacial Jonson.
E afirmou que nun futuro gustaríalle fixar a súa residencia
en galicia coa súa familia.
José Andrés Salgado López. 1º BAC B
|
|