| |
"OS RAPACES GALEGOS AUMENTAN MÁIS EN KILOS QUE EN TALLA
DESDE 1979"
Os pediatras alertan das consecuencias da obesidade infantil para
o sistema sanitario. Os problemas respecto a isto aumentaron moito.
Os rapaces galegos como moitos outros españois son máis
altos, pero moi grosos. Unha investigación do Hospital Clínico
da Universidade de Santiago destaca que na última década
acelerouse o exceso de peso nos chavales e adolescentes da comunidade.
O informe alerta das consecuencias negativas que derivan para a
saúde se non se modifica esta situación a tasa pode
sobrepasar a dos adultos, con un aumento de mortalidade.
Arredor do 20% dos rapaces e adolescentes superan os 200 de colesterol
e considérase un perigo ó desensolar problemas de
saúde.
E ademáis xógase cada vez menos no exterior e as actividades
son todas sedentarias. Algúns estudios demostran que quen
ve máis de 5 horas de televisión ten 8.3 veces maior
perigo de obesidade ca quen están só 3 horas diante
da tele. Nela hai que destacar os vídeos, videoxogos, Internet...e
incluso a calefacción relacionase co aumento de peso.
Uns 8144 rapaces e adolescentes e 2338 adultos de idades comprendidas
entre os 2 e os 20 anos o que supón unha mostra importante.
Quen presenta estas patoloxías ten máis perigo na
idade adulta, algúns rapaces coñecen a información
pero pola publicidade e tamén polo que fagan os amigos ou
colegas e os estilos dominantes e os intereses comerciales. O recomendado
é: un estilo de vida activo, con exercicio físico
e con menos sedentarismo e cambios de dieta como frutas, verduras,
un pouco de todo; estos hábitos están en toda a sociedade.
E a xuventude cambiou os seus hábitos de vida coa dieta tradicional.
A cesta da compra en 1979 era leite, patacas, verdura, cereais,
frutas ou legumes e facer exercicio físico.
A cesta da compra no 2003 é consumo de bollería, zumos
envasados, comidas rápidas, embutidos, platos precociñados.
Marta Rivadulla 3ºE
|
|