| |
Os Xogos Olímpicos da Antigüidade. Non moi alexados
da filosofía olímpica actual, os Xogos Olímpicos
- chamados así por celebrarse na cidade de Olimpia - representaban
un momento de unión entre as diferentes colonias gregas do
Mediterráneo. Naceron como enormes festivais nos que a relixión,
as practicas atléticas e a música uníanse para
honrar ós deuses e esclarecer quenes podían asumir
o título de mellores deportistas da época. Os primeiros
datos que se teñen dos Xogos son en honra dos deuses celebrados
en Olimpia pertencen a escritos de Hipias de Elis, e datan do 776
a.C. A base máis fundada da súa invención correspondería
á tradición que adxudica a Hércules si creación
como celebración da victoria de Zeus, seu pai, ante Chronos,
na Titanomaquia. As primeiras edicións duraban apenas un
día e reducíanse a festexar ós deuses, pero
pouco a pouco foi tomando corpo a competición, alimentada
polo espíritu guerreiro dos gregos clásicos. O primeiro
gañador en honra a Zeus. O seu nome quedou gravado no Estadio,
xa que a inmortalidade que eso supoñía, era o primeiro
do vencedor. A forma do Xogos de Olimpia conseguiu que gregos de
tódalas cidades conquistadas polas civilizacións chegaran
á Península do Peloponeso para competir.
Entre as cidades que máis e mellores atletas trouxeron e
por elo as máis gloriosas - atópanse Atenas, a cidade
do Sur de Italia de Cortón, Miletos, na Asia Menor e a illa
de Naxos. As pobras que se disputaban nos Xogos Olímpicos
gregos eran os seguintes: Pankration, Lucha, Boxeo, Carreiras de
Carros, Carreiras a pé, Pentatlón e Música.
Angel Castro Cabado 3ºD
|
|