| |
O tabaco é unha droga pero ó contrario das outras
e que está legalizada. Causa danos como enfisema pulmonar,
cancro de boca, de garganta, de pulmón, de estomago e de
vexiga.
Problemas circulatorios
¿Que pensades vós que se pode facer para que a xente
deixe de fumar?
O que están facendo é poñer nos paquetes de
tabaco uns tipos de mensaxes con letras grandes e en negrita con
cousas que o tabaco produce e tamén intenta causar algo de
medo para que a xente deixe de fumar.
Pero iso eu creo que non vale de nada posto que vas ó estanco
e por 50 céntimos tes unha especie de carcasa ou unha caixa
de cartón da medida do paquete de tabaco que o metes alí
e xa non ves esas letras feas e horrorosas que o único que
fan é estorbar porque o fin e ó cabo a xente que fuma
xa sabe que o tabaco produce todas esas cousas que poñen,
claro que algo de respecto dan, ¡PERO OS FUMAD@RES QUE LLES
IMPORTA!
E non che digo nada cando empecen a poñer tamén fotos
de pulmóns e fígados todos podres ou de cor negra.
Pero como as tapan que máis da.
Entón todo iso que fan non serve de nada ou iso penso eu.
¿vós que pensades?, ¿credes que a xente vai
deixar de fumar por iso?
Os que non estén moi enganchados deixaran e os outros non
aínda que se o intentaran darian, ¿ou non?...
Aquí están algúns recortes que poñen
eses paquetes de tabaco.
|
|