INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
O TRIUNFO DO DOCUMENTAL
 
 

LA PELOTA VASCA E EL EFECTO IGUAZÚ

¿TEMOS QUE RECORRER A UN XÉNERO DE FICCIÓN PARA COÑECER A REALIDADE?

Despois de reseñar no pasado número de Intres o magnífico documental de M. Moore Bowling for Columbine, tócalle a quenda ó documental español.

A Pelota Vasca, é un documental de Julio Medem presentado na última edición do Festival de San Sebastián. Nel abórdase o problema vasco dende o punto de vista da diversidade e o diálogo. O director téntanos ofrecer un retrato plural da sociedade vasca a través dun sinfín de entrevistas a personaxes do ámbito cultural e político de Euskadi.
Anque a película comeza lamentando as ausencias de "persoas pertencentes ás dúas correntes ou sectores onde poden situarse ós extremos do conflicto vasco", en palabras do propio Medem; consegue o seu obxectivo final: invitar ás distintas partes ó diálogo. Un diálogo político que nestes momentos está bloqueado. Pártese de que ninguén é dono da verdade absoluta, de que só existe unha verdade relativa que imos vendo fraccionada nas distintas opinións dos entrevistados.
O gran logro artístico de Medem é que é capaz de presentarnos 115 mm de película onde se ensamblan perfectamente as opinións dos personaxes coas imaxes de paisaxes marabillosos de Euskadi, fragmentos doutras películas e documentais e escenas da vida e cultura vascas, todas elas ambientas coa apropiada música de Mikel Laboa. En ningún momento o espectador ou espectadora sinte aburrimento ou que se lle faga longa a duración da fita.
E rematamos a nosa reseña comentando que o documental tivo algún que outro problemilla co goberno de Madrid para a súa distribución. ¿Que raro, non? España va bien.

El efecto Iguazú, de Pere Joan Ventura cóntanos a loita por un emprego e, sobre todo, pola dignidade dos traballadores de Sintel, cando foron despedidos por Telefónica. En xaneiro de 2001, 1.800 traballadores da empresa de comunicacións Sintel a topáronse de repente na rúa. A empresa fora vendida de forma fraudulenta por Telefónica e a falta de interlocutores e a nula resposta do goberno lanzáronos a unha a unha acción sen precedentes: acampar no paseo de La Castellana de Madrid durante sete meses para reivindicar os seus dereitos.
Estes traballadores tiñan un alto índice de filiación sindical e estaban habituados á negociación e mobilización para establecer os seus convenios. Ó verse de súpeto na rúa, sen explicacións, acudiron de todos os puntos da península deixando ás súa familias para loitar xuntos por un emprego digno. O resultado foi o "Campamento de la Esperanza", en pleno centro da capital española, construído cos obxectos desbotados polos veciños desta zona residencial, aproveitando as cloacas para a construcción de váteres e as instalacións eléctricas para o abastecemento de luz.
Durante os sete meses que durou a súa loita realizaron numerosas mobilizacións (incluída a manifestación antiglobalización de Genova G-8) e recibiron o apoio de moitos colectivos. No documental inclúense as testemuñas de personaxes como José Saramago, José Antonio Labordeta, el Gran Wyoming e Luis Pastor.
Despois dunha loita intensa, decidiron levantar o campamento e abandonar estas actividades a principio de agosto de 2001, tras conseguir un pacto co goberno e telefónica. Hoxe 1.200 traballadores seguen en paro e sen resposta.
O título refírese a que moitos traballadores de Sintel traballaron a mediados dos anos oitenta no cabreado de Argentina e fixeron unha excursión ás fervenzas de Iguazú. Alí, dende un helicóptero, vían como os pescadores facían o seu traballo tranquilos no río, sen sospeitar a terrible fervenza que estaba despois e podía tragalos a todos. Unha metáfora do capitalismo salvaxe, comparado cunha fermosa e gran fervenza que todo o engule.

Quen abaixo subscribe, recorda que de nena ía o cine a soñar, a escapar dunha realidade un tanto aburrida con guapísimos piratas, vaqueiros, soldados americanos salvadores, reis da pista de baile... Aquela nena agradece agora á sétima arte a posibilidade de ver a realidade dende o ángulo que os medios de información non lle permiten, e agradece tamén o compromiso e a loita por un mundo máis xusto que directores, actrices e actores veñen mostrando.
S. Losada

 

Inicio

Oferta Educativa