INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
OUTRA HISTORIA
 
 

O idioma galego pode que nacera dun aturuxo, das raíces fondas dos carballos, mesturado coa espuma e a brisa do mar, coas xeadas e co aloumiño do sol. E daquela, saíu unha lingua peculiar, para unha terra non menos peculiar, e así converter en peculiares as xentes que falaban esa esencia, conseguindo ese "non sei qué" especial dos galegos para o resto dos pobos do mundo.
Dende Estaca de Bares ó Douro, dende Fisterra a unhas casas máis alá do Macizo Galaico, foi o idioma para vender un castelo, para construír unha catedral, para trazar negocios nas feiras, para falar mal da sogra (sen merecelo); resumindo: para todo aquelo que era preciso na vida cotiá daquelas boas xentes.

Pasaron uns séculos e viñeron poderosos doutros lares que tiñan como filosofía "que a montaña veña a min", polo que en vez de adaptarse á lingua do país ocupado, impuxeron a súa. Daquela usaríase o dito: "a letra con sangue entra", porque botaron o noso idioma de todo o que tiña que ver coa lingua escrita. Pero... o oral era outra cousa. De feito o galego é un idioma milenario que se mantivo no tempo sen interrupcións, e non gracias ós eruditos, políticos e resto de poderosos. O noso idioma é quen é porque o mantiveron vivo os mariñeiros e os labregos: sufridos e valentes á vez, aos que ningún poder ó longo dos séculos conseguiu que outra lingua fose a transmisora dos seus amores, cantos, penas e alegrías. Porque esa esencia foi e será un infinito amor que como tal non ten nin explicación nin dominio.

É a nosa herdanza, estamos na obriga moral de transmitila ós nosos fillos no berce, ós nosos familiares, amigos e compañeiros. Porque non hai país que se prece como tal e non manteña viva a súa cultura, para así mirar alegremente cara ó futuro.

Marisa Vázquez García
Asociación de nais e pais de alumnos/as

 

Inicio

Oferta Educativa