|
Unha película dirixida e escrita por Antonio Mercero. Cun
reparto xove: Juan José Ballesta. Gorka Moreno, Luis Ángel
Priego, Alejandro Zafra e Monti Castiñeiras.
Son 96 minutos que vos aseguro que non serán tempo perdido.
A historia en si, trata dun grupo de mozos que viven a adolescencia
compartindo un "barrio" moi peculiar: A pranta (4ª)
de traumatoloxía dun hospital.
A vida continúa nese microcosmos rexido por homes e mulleres
de bata branca.
Aparte das dietas hiposódicas, tamén hai pacientes
novos que coñecer, enfermeiras das que burlarse, incursións
nocturnas polos corredores do hospital, partidos de baloncesto que
disputarlle ao equipo de San Pablo... Miguel Ángel é
o cabeza do grupo, Jorge acaba de chegar e espera con temor os resultados
e Dani vivirá a súa primeira historia de amor.
A amizade, a aceptación no grupo é determinante
na adolescencia. Pero é imprescindible cando a ridiculizada
"idade do pavo" se sofre en pixama e entre catro paredes.
Fronte ao sentimento colectivo, está a identidade de cada
un reaccionando á súa situación.
O director e guionista Antonio Mercero, baseouse na obra teatral
escrita polo guionista Albert Espinosa, na que este autor catalán
reflectiu as súas propias vivencias.
Un tema moi dramático do que, nembargantes, o director
nos dá unha visión insólita; dános un
sentido poético, de solidariedade e amor.
O que si sería complicado foi a elección do reparto,
pero había un nome que si estaba claro; trátase de
Juan José Ballesta, o xove actor de "El Bola".
Tratar un tema como o cancro, e ademais en adolescentes, é
un dos retos máis difíciles aos que pode enfrontarse
calquera director.
Pero Mercero, creador de series televisivas tan coñecidas
como "Verano Azul" ou "Farmacia de Guardia",
e películas como "La hora de los valientes" ou
"Espérame en el cielo", demostra as súas
táboas.
Mercero evita caer na lágrima fácil, e non só
iso, senón que o fai facendo equilibrios entre a comedia
e a traxedia, inxectándonos vida.
Pode ser que haxa escenas que parezan inverosímiles, pero,
partindo de que se trata de experiencias vividas polo guionista,
a lección é que o humor, as ganas de vivir e de intentar
adaptarse a unha dura realidade, son as mellores maneiras de afrontar
esa enfermidade.
En definitiva, anque este hospital teña costumes, xerarquía
e linguaxe propios, é un reflexo do mundo.
Momentos felices e amargos. Vento a favor e en contra.
Verónica Mouriño Sesto. 4º ESO C.
|