INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
POR VÓS, ¿POR QUEN SENÓN?
 
 

Xa había tempo que esta idea me roldaba esta cabeciña "tolía", e hoxe decidinme e espero que vos guste, por que vai dedicado a vós:
A Kekiña, a primeirísima de todo, non podía ser doutra maneira porque a miña sister é moito sister. Quero recordarche aquí, xa que co pouco mimosa que es non me deixarías dicircho á cara ou si, quen sabe... O caso é que as dúas sabemos que agora si somos capaces de contarnos calquera cousa, que levamos moito compartido desde aquel día que durmimos as dúas nunha cama de 90 de excursión polas Rías Baixas. Dende entón pasaron uns 6 anos nos que estivemos sempre xuntas, nos que compartimos tantas e tantas aventuras, secretos, risas... e de todo un pouco. Sabes que podería escribir tódalas paxinas deste Intres falando de nós, pero non fai falta porque somos e seremos tan cómplices, que cunha mirada entendémonos á perfección. Así que con estas palabras xa sabes a miña intención e o resto sobra. En definitiva GRACIAS POR EXISTIR e 4ever xuntas 25 horas ó día ¿eh?. ¡Ah! para o ano compartiremos piso, se todo vai ben. Así que solo espero que non te canses de min ¡je je!.

Rrar@, es ben rrar@, pero tes un corazón enorme e es outra das persoas con que máis e mellores momentos compartín, e aínda que non hai demasiados anos que nos coñecemos chéganme e sóbranme para saber que es e serás unha das miñas mellores amigas, con quen podo compartir todo. Por certo, que saibas que non desistirei no empeño de que sexas da miña familia ¿xa sabes por que, non? .Queda un pouco cursi, pero a dozura da túa mirada di moito de ti. Din que os ollos son o reflexo da alma, pois as tres ojitos somos a alma da amizade, da sinceridade, da alegría, da enerxía, ou sea, as tres xuntas A CAÑA DE ESPAÑA.

Piya, ¡hai canto canto te boto de menos! ¡¡ho!! Agora xa non teño a quen medusar nos recreos, xa solo podemos chorar coa risa os sábados, cando nos brindas unha das túas. ¡Ai, que cabeciña tan imaxinativa que tes! non nos cambies nunca ¿eh?, que o de rir din que alarga a vida e contigo nós imos bater o recorde de lonxevidade ¡¡uf!!! Se por rir fora, coas nosas paridas, a nós non nos chegaban dous séculos a nada. E xa non solo graciosa e alegre, aínda por riba é que ¡es a Piya...! é moi difícil definirte, porque seguro que me quedaba curta. Haber algo haberá que poñerlle, pois máis doce ca un caramelo que nunca nunca empalaga, tan boíña que facerte sufrir debería ser delicto grave... Daquela xa non sigo, que todos sabemos como es. Que saibas que che desexo o mellor aló pola "Coru" e na vida, en xeral, que todo o bo que che poida pasar merécelo e aínda é pouco.

Por suposto non podían faltar tampouco a Lichiña e a Belenciña:
Lichiña, ti simplemente por ser tan tan especial es a dozura e a bondade personificada e, aínda que paso menos momentos contigo do que me gustaría, para nada es menos importante, porque nunca nunca esquecerei aquel cuarto da E.S.O. contigo, nin a viaxe a Grecia, nin ningún dos tantos tantos momentos compartidos. Porque inevitablemente, cando falo contigo, acabo pensando que es a miña filósofa favorita. Sigue con esas teorías túas e nunca perdas esa ilusión. Isto sírveme para formalizar a promesa de que nunca deixaremos de estar xuntas, aínda que moitas veces solo sexa de corazón, nada máis. Somos cabezonas e faremos o imposible por seguir sendo esas "coleguiñas" que dende que nos coñecemos somos.

Belenciña, ¡Ai, cabeciña, non queimes mais esas neuronas que tes! que xa vexo eu que afuman. Pasa de todo e CARPE DIEM, pero o meu lado ¿eh? ¡ITALIANAAA! Que recordos os de Barcelona ¿eh? Pois iso solo foi un inicio, porque as que nos quedan por pasar xuntas... je je, e as que xa pasamos, que non nolas quita ninguén. Por certo, débesme unha festa e non se me esquece. BIKAZOS para ti tamén, por, simplemente, ser como es a miña pitufiña, mimosa, sincera e todo corazón.

A gran ausente, Yolandit@as, a peque que estará aló polo Bilbo e á que tanto boto de menos. iUi! cantas trasnadas levamos feitas xuntas, de pequenas, demos, e agora peor aínda. Pero da igual, o importante é que sigamos facendo das nosas por moitos anos. Levamos 15 dende que vin aquel bichiño pequeniño nos brazos de Bego. Volve pronto, que Galicia espérate e nos xa temos outras vacacións sabáticas planeadas para compartir contigo.
Non están tódolos que son, pero estou segurísima de que si que son tódolos que están, e espero que sigan estando e non me deixen de falar por ser tan cursi e empalagosa. Pero que lle imos facer, son así "Anxo ou demo, sempre eu"
A OJITOS 2

 

Inicio

Oferta Educativa