| |
Como todos sabemos, no instituto hai dous grandes grupos: alumnos
e profesores. Eu neste artigo vou falar da especie dos profesores,
porque para falar dos alumnos necesitaría moito máis
tempo e espacio, xa que é un mundo aparte.
Pois ben, centrareime nos profesores, aínda que todos son
diferentes, cos seus máis e cos seus menos, e as súas
manías. Pódense dividir á súa vez en
dúas subespecies, a dos profesores e a dos "profesores".
Os profesores son aqueles que explican, que os entendes e fan o
posible por que ti aprendas un mínimo nda súa materia.
Interésanse por se aprobas ou suspendes, danche ánimos
e consellos cando fan falta. Pero fronte a esta subespecie, está
aquela outra que explican, á súa maneira pero explican,
non os entendes, e non lles importas nin o máis mínimo.
Se suspendiches, estache ben por non estudiar, e se aprobas, que
listo es. Despois pasan as clases baixándoche a moral, que
se non estudias, que se es un burro, que se non fas nada... En outras
palabras, cando saes da súa clase levas un embrollo na cabeza
que nin vos conto; e a túa moral acaba polo chan, ata tal
punto que che dan ganas de marchar do instituto. E por encima de
todo, estes "profesores" aínda teñen máis
que dicir ca ti. Se estás calado porque estás calado,
e seprotestas xa che collen manía para todo o ano.
Non sei vós, pero eu prefiro os profesores, porque eles si
que escolleron ben a súa profesión, porque lles gusta.
Non como os outros que parece que o fixeron para vingarse dos seus
profesores con nós.
Con este artigo quero darlles as gracias ós profesores de
verdade, eses que nos axudan, ós que non lles importa vir
un mércores pola tarde para dar teatro, radio... eses que
disfrutan coas súas clases, e fan que nós aprendamos
algo máis que a " chapar" o libro. Porque a vida
non é "chapar", nin botar toda unha clase berrando
e amargándolles a existencia ós alumnos. Gracias de
novo.
Ana Belén Villamor
|
|