INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
¡QUE TRISTE!
 
 

É triste recordar tráxicos sucesos coma este, pero ás veces, as desgracias serven para que reflexionemos sobre determinadas accións que descubran, en moitos casos, na morte dun inocente.
Asasinar a unha persoa nunca ten xustificación, hai moitas maneiras de arranxa-las disputas sen necesidade de chegar ás mans.
Recordo aínda hoxe e con moita tristura a morte dun mozo aficcionado ó fútbol, seguidor do Deportivo, e asasinado por uns inchas radicais á saída do encontro.
Tamén recordo a voz da súa nai desconsolado que non entendía por que o seu fillo saíu a divertirse e non voltou.
Tan só as nais que pasaron por estes trances amargos podían comprende-la dor desta muller, a súa indignación. Ninguén lle vai devolve-lo que máis quería.
Tiven oportunidade de escoitala falar por teléfono atendendo á chamada dun programa de televisión onde o público, presentadora e telespectadores non puidemos conte-las bágoas ante a desesperación e o sufrimento.
Cando se cometen crimes así, os expertos falar de que o asasino se cega pola tensión do momento... Non o sei, penso que por unhas cores non se mata a ninguén. Tódolos aficcionados ó deporte deberían respetarse, ser persoas. Nunca a rivalidade foi sana e menos no seu extremo.
Temos que ir a disfrutar, a pasalo ven, sempre respetando as opinións e gustos diferentes ós nosos.
Espero que a xente recapacite, que poidamos saír tranquilos da casa a ver calquera espectáculo, deporte ou non, da o mesmo.
Gustaríame engadir, que eses inchas tan radicais terían e deberían reflexionar moito, porque dentro e fóra dun estadio apóstase pola igualdade, nunca por ese xeito violento de ve-lo deporte, apartalos do resto posto que non serven para estar coa outra xente.
A quen corresponda que o pense e faga algo ¡xa!, e a cada un de nós, correspóndenos a meirande parte.

NATALIA BLANCO SÁNCHEZ - B2B -

 

Inicio

Oferta Educativa