INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
RELATO DUNHA VETERANA
 
 

"Sodes os maiores do Instituto": no curso no que me atopo é moi frecuente oír estas palabras.

Sabía que algunha vez eu ía estar incluída neste grupo. Lémbrome que, cando contaba só con dez anos, ansiaba acadar esa idade na que te sentes maior. Agora, cando se cumpriu ese desexo infantil, gustaríame ser capaz de dar marcha atrás no tempo, de trasladarme a esa época, na que a miña maior preocupación era aprender a multiplicar e dividir.

Quizais 2º de BAC se me fai moi grande. Tanto estrés, o saber que te estás xogando un porvir ou un futuro non moi lonxano, fai que o curso sexa máis duro. Pero non por iso tes que quedar "encerrada" na túa habitación, tendo como único compañeiro o libro de Filosofía ou Inglés, e agardando que ese pequeno aparello denominado móbil, soe, para facer unha pausa e para comprobar quen foi o que se lembrou de ti.

Durante todos os cursos polos que fun pasando, tiven o apoio de moita xente. Superei todos os obstáculos que me puxeron diante, sufrín os típicos baixóns dos estudantes, pero pouco a pouco fun remontando ata acadar o meu propósito.

Pero se te pos a pensar... ¿quen foron os verdadeiros "culpables" (se se lles pode chamar así) que em acudaron durante todos estes anos de ensinanza? Velaquí están: Belén, Mary, Vero, Ceres, Nela, Lidia, Rocía, José, Minia, Rubén, David Prieto, Marina, Marga, e moitos máis, que farían que a miña enumeración fose inacabable. Podería ser capaz de definilos a todos con dúas palabras: AMIGOS E AMIGAS. Esas persoas que sabes que estarán ao teu carón cando máis as necesites, que non te van deixar de lado, aínda que cada un vaia polo seu camiño.

Aínda que moitas persoas digan que ao chegar ao punto no que estás, o máis importante é estudar, entrarían nunha discusión seria comigo.

Agora que podemos aproveitar, que nos atopamos na flor da vida (como di o meu avó), intentemos gozar da nosa xuventude. Non nos agobiemos, seguro que con calma e pouco a pouco sairemos todos adiante.

PD: Adicada a todos os amigos e amigas que nomeei, e que nunca, pero nunca, olvidarei; e aos alumnos que se atopan cursando bacharelato e que se senten agobiados.

Pamela Cordido Méndez B2C

 

Inicio

Oferta Educativa