|
Foi un poeta dramático inglés que naceu en Stratford
on Avon no ano 1564. Abandonou a escola moi novo debido a problemas
económicos da súa familia e foi colocado de aprendiz
nun obradoiro no que se traballaba con diferentes peles.
Casou ós 18 anos con Ann Hathaway de 26 anos e coa que tivo
tres fillos: Susanna e os xemelgos Judith e Hamnet (que morreu os
11 anos). Das dúas fillas de Shakespeare a máis afortunada
e brillante foi Susanna que casou cun famoso médico co que
tivo unha filla chamada Isabel.
Judith pola contra tivo un matrimonio desgraciado, cheo de problemas
e infortunios que culminaron coa morte dos tres fillos da parella.
Polo tanto a única herdeira de Shakespeare foi Isabel.
A finais do século, W. Shakespeare escribiu o seu primeiro
e afortunado poema, Venus e Adonis co que axiña gañou
popularidade e do que chegaron a imprimirse ata dezaseis edicións.
Pouco despois escribiu La violación de Lucrecia co que foi
gañando a fama de poeta do amor.
Pasou en Londres gran parte da súa vida onde traballaba
e actuaba en "O GLOBO" que era un teatro ó aire
libre da súa propiedade. Pero no ano 1613, houbo un incendio
no Globo e Shakespeare decidiu retirarse á súa cidade
natal onde vivía a súa familia e alí, en Strafforf
on Avon, levou unha vida tranquila e sosegada.
Aínda que escribiu algúns poemas, dedicouse sobre
todo ó teatro no que hai que destacar obras como Romeo y
Julieta, El sueño de una noche de verano, El mercader de
Venecia, Hamlet, Macbeth ou Antonio e Cleopatra.
As súas obras (unhas 35) son lidas e representadas en case
tódolos países do mundo.
No ano 1932 construíuse en Stratford o Shakespeare's Memorial
Theatre por subscrición internacional e que cada ano atrae
á cidade a espectadores de todo o mundo.
William Shakespeare foi o maior dos poetas e dramaturgos ingleses.
Cristina Sanguiao Vázquez
Airina Trincheri Gordon
Ignacio Sánchez Cardeiro
(Actividades Alternativas, 2ºESO- D)
|