| |
Sigo con vós.
Vós non estades comigo
o aloumiño do voso susurro
xa non me pertence.
A lonxanía é desconcertante,
unha lembranza que inmola
o meu ser...
O meu non ser.
Non vos sintades perdidas
coma min.
Sigo aquí, leal
coma sempre...
como me ensinastes.
Só necesito un pouco de forza,
un minuto de esperanza.
Quérovos máis que nunca,
máis que onte, menos que mañá.
A vosa calor esfumouse
a miña alma búscavos
non vos atopa, pero sigo con vós.
"COMA SEMPRE"
"Para Ainara e Marina" de Estefanía Segade Sueiro
S4B.
|
|