| |
Asombranse os "enterradores" de sempre, os que antes falaban
de rock ´n roll, agora estan escribindo para os que pagan
que son os que se reparten o cotarro. Escriben "chorradas"
a favor duna musica estereotipada que se nos esta bombardeando continuamente.
¿por qué razon cando movemos o dial da nosa radio
o que atopamos, con algunha honrosa excepcion, e pura "merda",
musica vulgar e sen ningun tipo de fundamento?.
Claro esta, ós que mandan non lles gusta este lado da musica,
¿asustalles tanta vitalidade e potencia? Estoume referindo
ó rock duro, o heavy metall, o rock ´n roll, en definitiva
ó bon rock, o que todos coñecedes e co que nos identificamos
os que amamos a esencia da arte musical sen tapuxos nin orteradas.
Antes de continuar falarei tamen doutros xeneros , ¿Qué
pasa coa musica clásica, co jazz, coa musica electrónica
de vangarda e outras tantas? O igual có rock verdadeiro non
existen en televisions e radios. Se algo se pode ver ou escoitar
e en programas pouco subvencionados situados en horas de baixa audiencia.
É moi triste pero é asi.
Eu chamolle ignorancia, a gran ignorancia da gran masa que é
dirixida polos músicos "poperos", "cursis"
e "inaguantables" que asfixian o noso pais.
Eu chamolle capitalismo, ó gran beneficio que se embolsan
os que se dedican a crear esta deshonra da musica, os que se dedican
a crear OT e "os exitos do veran" que inundan as discográficas
con musica de usar e tirar.
A gran prova desta potencia e maestria que intento explicarvos
vemola dende os pioneiros (Yarbirds, Cream, Traffic....) pasando
polos clásicos (Zeppelín, Purple, Sabbath...) polos
continuadores( Kiss, Judas, Maiden, AC/DC....) polos heredeiros(Metallica,
G&R, Scorpios....) ós que moitos de vos non coñececes
a causa da venda que tedes nos ollos chamada "Musica Latina"
Gustariame facer unha pequena parada para mostrarvos un exemplo
desta maestria musical:
Led Zeppelín, grupo Británico creado en 1968 polo
seu archicoñecido guitarrista Jimmy Page, foy mostrado polos
criticos que no seu directo e na calidade da sua musica que transformou
o mundo, foron incluso mellores cós mismisimos Beatles. Eran
catro "fulanos" que se subian a un escenario diante de
mais de 200000 persoas e montabanche catro horas de concerto no
que facian pura maxia, un grupo capaz de provocar suicidios e ataques,
só coa sua musica, sen marketing nin trapalladas. Eran "DEUSES",
puros e autenticos deuses.
Gustariame a min ver cando un repugnante "popero como os
de OT e similares é capaz de provocar semellante euforia
ainda enseñando o seu corpo e facendo absurdas gilipolleces.
So me conformo con imaxinar como seria este noso pais se existiran
os niveis de promocion desta nosa musica coma os dos paises do norte
de europa como Alemaña, Finlandia.... Esto propiciaria un
numero maior de bandas coñecidas que agora estan aplastadas
e insultadas por OT e similares.
So pido unha axuda, unha axuda para berrar mais alto, para intentar
cambiar este mundo inxusto. Porque como intentan dicir os "Enterradores":
O rock ´n roll morre. Sinto moito pero deberían decir:
"O rock ´n roll matamolo"
¡ Long live rock ´n roll and justice for all!
Un servidor:
Ch1mpafent05
ch1mpafent05@mixmail.com
www.elrincondelroquero.tk
|
|