INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
SOLIDARIEDADE COS GALEGOS
 
 

Tras o desastre que supuxo o afundimento do buque Prestige nas nosas costas, decidín pedir declaración a distintos amigos meus, para esta nosa revista.
Aquí están algunhas delas, e tamén sobre a Guerra en Irak.

"A traxedia do Prestige conxelou os corazóns de moita xente. As noticias sobre o incidente foron continuas, polo que se coñecía a situación instante a instante dende Madrid. Moitas personas conmovidas polo suceso foron a colaborar, mentres outras aportaban a axuda que podían proporcionar. Os movementos das plataformas creadas tras o accidente insuflaron presión e un sentimento de urxencia ó goberno, ás institucións e ós cidadáns. Foi un momento que na vida de cada madrileño e español non se olvidará con facilidade."
l- Daniel Núñez (Madrid)

"O maior perigo que representa o chapapote para a pel dos bañistas son as quemaduras que pode producir o alquitran ó entrar en contacto co sol , polo que hai que limpar de contado a zona afectada e evitar os raios solares, xa que é unha sustancia "fotosensibilizante".
Na miña opinión todo o que se vexa afectado por este tipo de quemaduras que o denuncie e que non se quede calado, xa que debe recibir unha boa indemnización."
l- Chemi Caamaño (Pontevedra)

"¿Qué é iso do Prestige? Non sei nada. En Honduras non se escoitou nada disto. ¿Pódesme explicar?"
l- Luis E. Quílico (Honduras)

"A mellor "explicación" dunha guerra é sempre unha imaxe"

l- Rubén Ortiz (Granada)

"Irak : En Francia, a inmensa maioría da poboacion estaba en contra da guerra en Irak, de acordo có noso presidente Jacques Chirac e o seu goberno, porque á xente parecelle que a guerra non é unha opción como outra, senón a peor das solucións, e que hay que probar as outras solucións antes de elexir a guerra. Ademáis, se realmente non hai outras posibilidades, ten que ser a comunidade internacional a que fai a guerra, é dicir, a ONU, e non algúns países solos. Se non, parece a unha guerra de intereses económicos, e non para a xustiza."
l- Clément Lescat (París)

"O Prestige : En Francia, a catástrofe do barco causou un enorme desastre ecolóxico, xa que o chapapote ensuciou toda a costa atlántica. Este acontecemennto foi tamén unha fantástica oportunidade para a xuventude de ter un comportamento moi cívico, porque moitos mozos axudaron, durante as súas vacacións, a limpar as praias."
l- Clément Lescat (París)

"A catástrofe do Prestige viviuse como o que foi: unha auténtica traxedia. En seguida, a TV italiana fixo eco do drama. As imaxes das olas, mesturadas de agua de mar e de petroleo, eran impresionantes. A beleza dunha costa desapareceu e a sensación que percibimos,ól ver as praias en esas condicións, foi a de ser testigos de algo deprimente. En solidaridade, moitos mozos italianos ofrecéronse como voluntarios e viajaron en dirección a Galicia coa esperanza de salvar algo importante, importante para todos. Volveron convencidos dunha cousa: "Nunca mais"
l- Pablo Álamo (Roma)


RODRIGO AYUDE PUGA B2B

 

Inicio

Oferta Educativa