| |
Meter a Pata
Sofía Mazagatos - Un Clásico.
* Traballando, deixo a pel no pelexo. (e o cerebro!)
* Está no candelabro. (candeeiro)
* Aínda non atopei a hormona do meu zapato. (horma) (...e
as neuronas nas unllas)
* Póñenseme as plumas de galiña. (se polo menos
puxeses ovos...)
Maria José Galera (a do Gran Hermano) - Facendo méritos.
* Por favor, endereza ti a ensalada
* Tráeme o fli de limpar os fornos. (¡terá insectos!)
* ¿Non sabes qué día é hoxe? ¡Pois
mírao no candelario! (o dito..., ¡imos de enterro!)
Terelu Campos - ¡Ollo ó dato!
* Tomeime un prato de almóndigas. (¡esto é
español, de verdade!)
* Teño un algun de fotos. As fotos téñoas metidas
en álgunes.(...espero que só algunhas)
* Déronlle un corte na mesma vena arteria. (Parte médico:
desangrouse por dobre vía)
* A aspirina fluorescente é máis rápida e eficaz.
(...e ademais non necesitas acender a luz para ir ó baño)
* Veu a Garda Civil e levantou o apestado do accidente. (home, se
levaba moito tempo morto...)
* Foi unha operación a vida ou morte para instalarlle o pai-pai.
(by-Pass) (non sabemos se sobreviviu pero polo menos estaba fresquiño)
* Estou tomando cláusulas para a tose. (Coidado coa letra
miúda...)
* Non te imaxinas o que doe un cólico frenético. (...para
poñerse a correr e non parar, ¿eh?)
* É unha persoa fabulosa, un desfeito de virtudes. (eu case
prefiro non coñecelo)
Malena Gracia - ¡In-superable!
* Toma tanta drogaína que morrerá dunha dobre dose.
¡(mira que hai xente que abusa!)
* Ole moi ben porque poño sempre ausencia de calisto. (¿Calisto
non será o que comen os koalas...?)
* Gústame a hamburguesa con baionesa. (¡esto tamén
é español!)
* Fixéronme unha redundancia magnética. (...primeiro
con raios x e o demais por si fallaban aqueles...)
* Aínda que foi un accidente moi grave, non lle quedaron
espolas. (¿e o cabalo?, ¿sacrificárono?)
Isabel Pantoja - ¡¡Olé!!
*A miña filla é moi pequena aínda; traela
ó Rocío é moi premeditao... (...e con nocturnidade
e aleivosía)
* Non son estrelas fugaces, é unha chuvia de motoritos. (Fonsi,
Crivillé, e Carl Sagan á cabeza...)
* Deulle un simposium de corazón. (¿síncope,
soponcio?) (facendo pública calquera cousa...)
* Tocoulle a lotería e agora vive como un majara. (maharajá)
(para volverse louco ...)
Yola Berrocal - ¿Faino a posta, ou é que naceu sen
osíxeno?
* ¡Que calor, que suborno! (se che pago máis, ¿terías
frío por min?)
* Hoxe hai garrafas de vento. (¿a canto o litro...?)
* Un casete con dobre pretina. (opcións: platina, pletina,
pretina a incluír)
* Esta noite fai frío, terei que poñer o endredón
na cama.
* Estaba alí, na rúa, ó aire libre, ó
vento imperio. (Pura poesía)
* ¡Vamos, hale, hale, que é xerundio! (podía
ser peor, podía dicir xeranio)
* Quedei fumigada do susto. (¡lástima non te fumigaran
de verdade...!)
* Menudo cochazo comprastes; cómo se nota que nadades na
ambulancia. (sería un vehículo anfibio...)
* Eu, sen en cambio, prefiro iso. (¡¡¡billetes,
billetes!!!)
* Non o sei, nin falta que me importa. (bágoas caen polas
miñas meixelas)
Rocío Jurado - ¡¡Que lle dean unha pastilla
de nitroglicerina a Lázaro Carreter!!
* Ó marido gústalle ir moi alicatado. (¿alguén
puxo un vestido de azulexos...?)
* Botaron por a tele un partido de fúmbol indefinido vía
salitre. (...se é que a TV está fatal!)
* É un reloxo de aceiro inexorable. (¡é que
o tempo non hai quen o pare!)
* Dous, catro, seis e así substantivamente. (¿...non
eran adxectivos ordinais?)
* Chovía moitísimo, parecía o Danubio Universal.
(en fin ...........)
* Non teñen fillos porque el é impoñente. (tan
impoñente que debe pasar da súa muller)
* Vive nun chalete acosado. (¿polo banco, polos veciños,
pola sogra...?)
Rodrigo Ayude Puga B2B
COLECCIÓN DE PREGUNTAS E RESPOSTAS FEITAS EN XUÍZOS
(¡¡TOTALMENTE VERÍDICAS!!)
É certo, algunhas foron publicadas na revista que edita
o Colexio de Avogados de Madrid e sen dúbida, a mellor é
a última.
1.- "E ben, Doutor, ¿non é certo que cando unha
persoa morre
durante o sono, non o coñece ata a mañá seguinte?"
****
2.- "O fillo máis novo, o de vinte anos, ¿que
idade ten?"
****
3.- "¿Estaba vostede presente cando se tomou a súa
foto?"
****
4.- "¿Estaba vostede só, ou era o único?"
****
5.- "¿Foi vostede, ou o seu irmán menor, o que
morreu na guerra?"
****
6.- "¿El matou a vostede?"
****
7.- "¿A que distancia estaban un do outro os vehículos
no momento da colisión?"
****
8.- "Vostede estivo alí ata que marchou, ¿non
é certo?"
****
9.- "¿Cantas veces cometeu vostede suicidio?"
****
10.- Pregunta: "¿De modo que a data da concepción
(do seu bebé) foi o oito de agosto?"
Resposta: "Si"
Pregunta: "¿E que estaba vostede a facer nese intre?"
****
11.- Pregunta: "¿Ela tivo tres cativos, certo?"
Resposta: "Si"
Pregunta: "¿Cantos foron varóns?"
Resposta: "Ningún"
Pregunta: "¿Houbo algunha muller?"
****
12.- Pregunta: "¿Di vostede que as escaleiras baixaban
ó soto?"
Resposta: "Si"
Pregunta: "¿E esas escaleiras, tamén subían?"
****
13.- Pregunta: Mr. Slatery, vostede foi a unha Lúa de Mel
bastante rebuscada, ¿non é certo?"
Resposta: "Fun a Europa"
Pregunta: "¿Levou á súa esposa?"
****
14.- Pregunta: "¿Como terminou o seu primeiro matrimonio?"
Resposta: "Por morte"
Pregunta: "¿E por a morte de quen terminou?"
****
15.- Pregunta: "¿Pode vostede describir ó individuo?"
Resposta: "Era de estatura media e tiña barba"
Pregunta: "¿Era home ou muller?"
****
16.- Pregunta: "¿A súa presencia esta mañá
é a consecuencia da citación que enviei ó seu
avogado?"
Resposta: "Non, así é como me visto cando vou
ó traballo"
****
17.- Pregunta: "Doutor, ¿cantas autopsias realizou vostede
sobre persoas falecidas?"
Resposta: "Todas as miñas autopsias foron realizadas
sobre persoas falecidas"
****
18.- Pregunta: "Cada unha das súas respostas debe ser
verbal, ¿de acordo?. ¿A que escola foi vostede?"
Resposta: "verbal"
(Risas e comentarios xocosos na sala)
****
19.- Pregunta: "¿Recorda vostede a hora na que examinou
o cadáver?"
Resposta: "A autopsia comezou ó redor das 8:30 p.m."
Pregunta: "¿Mr. Dennington estaba morto nese momento?"
Resposta: "Non, estaba sentado na mesa preguntándose
por qué estaba eu facéndolle unha autopsia."
O Sr. Xuíz ten que impoñer orde na sala, o alboroto
é tremendo, escóitanse gargalladas por todas partes...
****
21.- Pregunta: "¿Está vostede cualificado para
proporcionar unha mostra de ouriños?"
Resposta: "Estou dende a miña máis tenra infancia."
****
22.- Pregunta: "Doutor, ¿antes de realizar a autopsia,
verificou si había pulso?"
Resposta: "Non"
Pregunta: "¿Verificou a presión sanguínea?"
Resposta: "Non"
Pregunta: "¿Verificou si había respiración?"
Resposta: "Non"
Pregunta: "¿Entón, é posible que o paciente
estivera vivo cando vostede comezou a autopsia?"
Resposta: "Non"
Pregunta: "¿Como pode vostede estar tan seguro, Doutor?"
Resposta: "Porque o seu cerebro estaba sobre a miña
mesa, nun tarro"
Pregunta: "¿Pero podería, non obstante, estar
aínda vivo o paciente?"
Resposta: "É posible que estivera vivo e exercendo de
avogado nalgunha parte."
Rodrigo Ayude Puga B2B
DITOS... e Ditos.
· Non se pode dicir que sexa máis agradable ver unha
batalla que un carrusel, pero non hai dúbida de cál
dos dous atrae máis xente. (George Bernard Shaw)
· É a diferencia de opinións o que propicia
as carreiras de cabalos. (Mark Twain)
· Mentres eu siga vivo, que o lume consuma a terra se quere
(Nerón)
· Que me odien, a condición de que me teman (Calígula)
· Cada Nación búrlase das outras e todas teñen
razón (Schopenhauer)
· As mulleres parécense ós cabalos en que se
burlan dos que as queren domar (Xosé de Letamendi)
· Unha palabra dirixida ó intelixente é innecesaria:
son os estúpidos quen necesitan consello (Bill Cosby)
· O meu consello é que te cases: se encontras unha
boa esposa serás feliz, senón, faraste filósofo
(Sócrates)
· Hai que respectar a lei, meu amigo, o outro día
desobedecín a lei da gravidade e estiven a punto de romper
un fémur. (Miguel Gila)
· Os grandes son grandes porque nós estamos de xeonllos,
¡aguantémonos! (Max Stirner)
· A resignación é un suicidio cotián
(Honoré de Balzac)
· A un home só lle pido tres cousas: Que sexa guapo,
implacable e estúpido. (Dorothy Parker)
· O home é o único animal que come sen ter
fame, bebe sen ter sede e fala sen ter nada que dicir. (Mark Twain)
· Democracia significa goberno polos sen educación,
mentres que aristocracia significa goberno polos maleducados. (Gilbert
Keith Chesternon)
· O meu cerebro é o meu segundo órgano favorito.
(Woody Allen)
· Se o cerebro fose tan simple que puidéramos entendelo,
seríamos tan simples que non o entenderíamos. (Lyall
Waison)
· A nosa cabeza é redonda para permitir ó pensamento
cambiar de dirección. (Anónimo)
· Existen tres clases de intelixencia: a humana, a animal
e a militar (Aldous Hukley)
· Intelixencia militar son termos contradictorios (Groucho
Marx)
· Non sei como será a III Guerra Mundial, pero sei
que a IV será con pedras e lanzas (Albert Einstein)
· Non hai nada repartido de modo máis equitativo que
a razón. Todo o mundo cree ter a suficiente. (René
Descartes)
· É mellor estar calado e parecer tonto que falar
e despexar as dúbidas definitivamente (Groucho Marx)
· Cada noite cóntolle a Deus as miñas preocupacións.
De todas formas, El vai a estar esperto toda a noite. (Mary C. Crowley)
· Perdoe que non me levante señora. (Epitafio de Groucho
Marx)
... E ditos.
· O importante é a familia (Al Capone)
· O mellor das persoas está no seu interior (Jack
o Destripador)
· A amizade a un lado, e os negocios a outro (Xudas Iscariote)
· A caída do cabelo non é prexudicial para
a saúde a menos que se produza dende un terceiro andar e
vaia o seu dono atrás. (Novo tratado de medicina)
· É falso que o home só utilice o 10% do cerebro.
Só o 10% dos homes usan o cerebro (Novo tratado de Antropoloxía)
· A guerra é normal, o anormal é o home (Anónimo)
· Consumo, polo tanto existo. (Lema da Globalización)
Alejandro Vázquez Yáñez - B2B
A lingua galega é unha das máis ricas en matices,
por enriba do castelán e do inglés. Nela hai verbas
que traspasaron tódalas fronteiras e convertíronse
en verbas universais desde o descubrimento de América. Nós
dispoñemos dunha moi expresiva e moi fecunda en verbas fillas
e tamén moi rica en acepcións, segundo as situacións
variadas que poden darse.
¿Qué verba é esa?, presaxio que xa a sabedes;
digámola con admiración e ternura, CARALLO
Carallo, cando se di lisa e claramente, sen énfase e sen
intención, significa membro viril.
¡Carallo!, como exclamación, pode ser de asombro,
de admiración ou de asentimento.
Os derivados máis frecuentes son:
Carallazo: Contrariedade, golpe.
Carallada: Esmorga.
Carallear: Andar de parranda.
Carallán: Bromista.
Caralludo: Denota calidade.
Carallón: Denota cantidade, lonxitude.
Escarallado: Roto, dislocado.
Escaralladiño: Agotamento.
Escarallar: Escachar e tamén morrer de risa.
Engadimos, agora, unhas cantas acepcións do noso carallo,
dependendo do contexto da fala. O mesmo vale para agrandar que para
agraviar, para dicer que é bo como para o contrario, pode
expresar canseira, resignación, risa e unha infinidade de
estados de ánimo:
Resignación: ¡Ai que carallo!
Indignación: ¡Qué carallo!
Cachondeo: ¡Bueno, carallo, bueno!
Desplante: Vai ao carallo.
Inquisitivo: ¿Qué carallo é?
Contrariedade: Tócache o carallo.
Ofensa: Este carallo e parvo.
Amenaza: Ven, carallo, ven.
Negación: Non, carallo, non.
Xuramento: ¡Me cago no carallo!
Ira: Me cago no carallo, ¡Carallo!
Louvanza: É un home de carallo.
Estrañeza: Pero, ¿qué carallo pasa?
Animoso: Dalle, carallo, dalle.
Caprichoso: Saíume do carallo.
Cualitativo: Non vale un carallo.
Fatalidade: ¡Ten carallo a cousa ... !
Agotamento: Xa estou ata o carallo.
Pillería: O caralliño.
Metereoloxía: Hai un tempo de carallo, vai un sol de carallo.
Lonxano: No quinto carallo.
Para rematar, e como unha referencia histórica da universalidade
do tempo é e do espacio no que falamos, velaí a frase:
"Manda carallo na Habana", que dixo o grande mareante
Colón cando os Reis Católicos, despois de alveitar
os seus servicios, mandarano o carallo.
Óscar Vázquez León, 2º Madeira
Grandes incógnitas da humanidade.
· ¿Por que se lavan as toallas, se cando nos secamos
xa estamos limpos?
· A terra é redonda e chámase planeta, se fose
plana ¿chamaríase redondeta?
· Un cacahuete nunha piscina ¿é un froito seco?
· ¿Por que "todo xunto" se escribe separado,
e "separado" todo xunto?
· ¿Existe vida intelixente no espacio se veñen
a visitarnos?
· ¿Cando cumpren anos os que nacen o 29 de febreiro
de ano bisesto?
· ¿Pode Mercedes Milá ser Deus, se é
este o que todo o ve?
· ¿Poden ser Deus os marines de EEUU se están
en todas partes?
· ¿Estarán as vacas a favor ou en contra das
corridas de toros?
· ¿Por qué os fillos de Putin non cambian o
apelido paterno?
· ¿Por que ás raias brancas se lles chama paso
de cebras e non de camelos?
· España ten a porta do sol, EEUU estatua da liberdade,
Francia a torre de Eiffel, Inglaterra o Bigben... pero ¿Qué
ten Portugal?
Alejandro Vázquez Yánez B2B
Un rapaz vai queixándose onda o seu titor:
- Profe,Manuel mandoume ó diaño.
- ¿e ti que fixeches?
- Pois viñen velo a vostede.
- ¿Qué é un 99, ¡pum¡?
- ¿99, !Pum¡?
- É un cempés cunha pata de madeira.
Miguel Pampín, Marcos Cardo, Adrián Mosteiro
|
|