| |
Como todos debedes saber ( e se non o sabedes dígovolo
agora) , estase a desenrolar un Proxecto Europeo no Centro encamiñado
a chegar a alumn@s adultos co gallo de seguir a teoría do
señor Grundtvig que sostiña que a aprendizaxe debe
ser un proceso ó longo da vida.
Na segunda semana de novembro estiveron aquí colegas de distintos
puntos de Europa (Suecia, Alacant, Bélxica e Italia) para
traballar en conxunto nesta difícil peregrinaxe. A idea da
visita era coñecernos, non só dende o punto de vista
educativo senón dende tódalas perspectivas. Para isto
elaborei un programa intenso mais que non tería éxito
a non ser pola colaboración de terceiros (non nomearei personalmente
a integrantes da comunidade educativa por medo a esquencerme de
alguén pero si ó señor José Domingos
Fuciños-Mingos- que estivo para nós sempre que o precisamos
levando a cabo unha labor impagable.) . Este tipo de proxectos permítenos
ver outros mundos, outras culturas e outras mentes que complementan
ás nosas. Esto poderanno confirmar calquera dos visitantes
á nosa terra (Antonio, Maria, Eliana, Maria Paola, Amalia;
Annita e Eiris). Luitar polo noso significa mostralo e dalo a coñecer
e para iso moitas veces e preciso dominar outros idiomas (anque
non nos pareza xusto), mantelo noso non está rifado con coñecer
o dos demais. Días antes da chegada dos meus colegas unha
amiga miña non aturou máis, estaba farta de oírme
dicir que se os europeos para aquí, que se os europeoa para
alá e espetoume " ¿e logo nós non somos
europeos? " . Non souben qué contestarlle.
|
|