INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
TECNOLOXÍA PUNTA
 
 

(O ÚLTIMO BERRO RECOLLIDO POL@S ALUMN@S DE ESO)

O CLÍNICO É O PRIMEIRO HOSPITAL GALEGO DOTADO DE CIBERAULAS PARA OS NENOS INGRESADOS

Un convenio firmado no pasado outubro de 2003 polo Sergas e a Fundación La Caixa permitiu ó Hospital Clínico Universitario de Santiago convertirse no primeiro centro galego dotado de ciberaulas ás que poderán acceder os nenos hospitalizados. Son espacios permanentemente abertos que tratan de disminuir o impacto da hospitalización tanto nos nenos, como nas súas familias. Póñense a súa disposición áreas de descanso e de ocio, con ordenadores portátiles e de sobremesa con acceso a Internet, equipos audiovisuais, unha ludoteca que complementa a súa formación académica, e tamén poñerase a disposición dos menores unha conta de correo electrónico para que se podan comunicar co exterior e disminui-la sensación de aislamiento.
A intervención da Fundación de La Caixa permitirá poñer espacios similares noutros catro hospitales galegos; Juan Canalejo da Coruña, Xeral-Calde de Lugo, Cristal Piñor de Ourense e Xeral Cíes de Vigo.
Esta é unha boa noticia para todos, porque, aínda que podamos pensar que non nos importa, a verdade é que nunca se sabe cando un ou unha vai estar hospitalizado. Creo que o proxecto é moi completo, porque, aínda que non o uses para aumenta-la túa formación académica (que non creo que ninguén o faga), podes divertirte, relacionarte con outros rapaces/as e, por riba, pasalo ben.

Laura García Torreiro 3ºESO-A


DESCAPOTABLE E FORABORDA, TODO EN UN

Tóda-las persoas que soñaron algunha vez con ter un coche especial, co que puideran andar por terra ou por auga, por fin poden facer o seu soño realidade gracias empresa británico Gibbs Technologies. Esta casa presentou hai unhas semanas, no río Támesis, o seu espectacular "Aquada", que alcanza na carretera os 160 kilómetros e, con so premer un botón convértese en un foraborda que acada 55 km/h.
É un coche que sacará de moitos apuros a xente que chega tarde ó traballo por culpa dos atascos, porque premendo o botón se converte nunha especie de barco e vai polo mar.
Aínda que o seu precio será bastante elevado, ¡¡216.340 €!!, cremos que se venderá moi ben.


A PERFECCIÓN DO SON

Creative presentou o conxunto de altavoces Inspire 7.1. Na demostración, este novo producto convenceu a tódolos presentes polas ventaxas de este tipo de sistemas frente aos 5.1. Conta con un soporte para os estándares Dolby Digital EX, DTS ES e DirectSond, sendo compatible coas tarxetas 7.1 de Creative. O mando a distancia conta coa nova conexión M-PORT para enganchar directamente o reproductor MP3 e escoitar a música polos altavoces. Emula o son 7.1 a partir de fontes de audio 5.1 ou 6.1 .
Con este novo invento poderemos disfrutar na casa como se estivésemos no cine.


O PC MÁIS EFECTIVO QUE UN PORTEIRO DE DISCOTECA.

Atención á pregunta: ¿que cousa utiliza os trazos físicos distintivos de cada ser humano para desenvolver sistemas de seguridade baseados no uso de tarxetas intelixentes, capaces de almacenar información?. A resposta é a biometría, unha solución eficaz contra as novas modalidades de fraude dixital. O prototipo de autentificación de Fujitsu presentado na PC Expo de Xapón, que identifica pegadas dixitais sin tocar ningún sensor. ¿Como? pois mediante infrarroxos.

Este invento de última tecnoloxía do s.XXI revolucionará o mercado, xa que pode ser moi útil en lugares donde faga falla a identificación de persoas por calquera motivo, sen necesidade de ensinar o DNI. Bastará coas pegadas dactilares de alguén, para consultar unha base de datos e saber todo o que necesitamos dunha persoa.


NOKIA 6600

Bos días estudiantes. ¿qué tal vos foron os exames? Espero que ben porque creo que teño o regalo perfecto para que llo pidades ós Reis. Chamase Nokia 6600 e leva integrada unha cámara de fotos (a mellor do mercado) capaz de sacar fotos de 640x480 píxeles de resolución. Ademais de capturar video real é compatible co novo estandar multimedia 3GPP. O móbil ten un total de 65.536 cores e poñerase a venda a finais do ano cun prezo sobre os 300 €.

Aurelio Miguel Ferro Seijas


FAGASE A LUZ CON ESTE MICROORGANISMO.

O Rhodoferax ferrireducens, é unha bacteria que produce electricidade. Un metro cuadrado desta bacteria equivaldría á electricidade que necesitaría unha calculadora. Esta bacteria come glucosa e produce dióxido de carbono e electróns. Estes transmítense e transfírense ao electrodo negativo onde vive a célula. Deste electrodo condúncese por un circuito ó electrodo positivo. Resultado: energía eléctrica
É un descubrimento interesante acerca da enerxía eléctrica, aínda que fai falta moito espacio para poder aproveitala.


O DENTE MÓBIL

Non hai cables por medio. As mensaxes viaxan por medio de vibracións, polos osos da mandíbula. ¿Está cansado o móbil no peto?. ¿Esquéceselle a miúdo enriba da mesiña?. Un grupo de investigadores británicos inventou un prototipo dental que nada ten que envexar ós modernos artiluxios. O móbil vai instalado no interior dunha moa, a súa función, de momento, é a de recibir chamada. O medio auditivo recíbeas e automáticamente envíaas en forma de impulsos eléctricos o cerebro. Esta "moa parlante" fabricada con materiais que non producen rechazo do organismo, pode conectarse sen necesidade de cables. É tan sinxelo como substituíla por outra peza dental.

Soraya Blanco de 3ºD

PURO DESEÑO AERODINAMICO

Baixo esta sorprendente forma escóndese un invento que permite conectarse a Internet dende calquera recuncho da casa e que compartan os seus arquivos ou traballen coa mesma impresora ata 50 ordenadores a gran velocidade. Todo sen cables, por suposto. Ofrece unha cobertura de 45 metros (ampliable mediante pontes adicionais) e ten un desaño espectacular, elegante e, sobre todo, moi útil para os usuarios de Macintosh.
É un modelo único. Con el non imos ter que esperar polo compañeiro a que remate ou deixe de rematar.

Cristina Ameijeiras Mejuto. 3ºC


O CENTRO DE ENTRETEMENTO PORTÁTIL

Agora, o fabricante Archos lanza un pequeno dispositivo que reune as funcións da maioría dos diversos aparatos portátiles do mercado. O Jukebox Multimedia 20 preséntase como o primeiro centro de entretenemento portátil, que fará as delicias dos que non queren ou non poden vivir sen as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías. Reproductor e grabador de arquivos de vídeo MP4 e DivX. Reproductor e grabador de arquivos de audio MP3. Albume fotográfico e de diapositivas, e disco duro portátil son as principais funcións do novo dispositivo de Archos.
Os seus 20 GB de capacidade e a súa pantalla en cor permiten a visualización de ata 40 horas de vídeos MP4 (cunha calidade cercana ós DVD) con sonido MP3, así como vídeos en formato DivX. Ademais, un micrófono converte o Jukebox Multimedia nunha eficaz gravadora de voz, que permite o almacenamento de 1.000 horas de son.
O dispositivo de Archos incorpora baterías Li-Ion recargables que lle proporcionan unha autonomía dunhas 7 horas, escoitando MP3. En canto as súas dimensións, as súas múltiples funcións foron condensadas nun tamaño máis que aceptable (110x79x29 mm) e nun peso que non chega ós 300 gramos. O Juxebox Multimedia xa está á venda por un precio que se sitúa en torno os 450 euros.
É un artiluxio, froito da elaboración e perfeccionamnto técnico, que foi inventado para o divertimento dos afortunados que se poidan permitir telo.

IMPRESORAS DE BOLSILLO

¿Quén non pesou algunha vez en poder imprimir en calquera lugar? ¿Ou, en non ter que chegar a oficina para poder obter un ducumento? Ou, en resumo, ¿quén non pensou algunha vez en poder imprimir calquera documento que nos chegara ó móvil? Pois, esto é posible; gracias a un modelo en miniatura (medidas: 11,7x4,1x10,5 cm., 250gr) que permite pasar a papel os documentos recibidos no móvil. Conéctase por medio de infravermellos e en cuestión de segundos, temos o documento plamado en papel nas mans.
Hai un pequeno problema, non se sabe cándo chegará a estas terras.
Alberto Vilariño Tarrío. 3ºC


CANDO TE ABURRES NA PISCINA...

Aburrirse na piscina é algo que, aínda que só fose unha vez, pasounos a todos. Para solucionar ste problema Sam James, estudiante da Universidade de Brunel, incorporou a unhas gafas de bucear un reproductor Mp3 que utiliza para a correcta audición baixo a auga. O reproductor de Mp3 colócase sobre a orella e non no interior desta, cómo sería o máis normal para nós. Esto débese a que aproveita a conducción ósea dos sonidos, o funcionamento é o seguinte: as vibracións chegan ó aparato, que as envía directamente ó oido interno e de aí van en forma de impulsos eléctricos ó cerebro.
Agora darémoslle-las gracias a Sam James por evitar que morrésemos de aburimento na piscina".

Alberto Vilariño Tarrío 3ºC


O LAVA-CABELO

Ata o de agora inventáronse diverso instrumentos que "lavan no noso lugar" ,como é o caso do lavalouzas, lavadora, lavacoches... sen os cales moita xente non daría vivido ¿darán vivido sen o novo lava-cabelos?
Este invento foi creado pola compañía xaponesa Takara Co. O lava-cabelos é un robot capaz de lava-lo pelo por sí só. Consta de trece pulverizadores en movemento os cales encárganse de deixa-lo pelo coma novo e outros tres encárganse de aplicar un masaxe capilar. Todo é regulable, dende a potencia ata a temperatura da auga, pasando pola duración do ciclo e a cantidade de champú e suavizante. O único que ten que face-lo peluqueiro, é programa-lo robot e volver cando teña rematado.
Xa esta a venda nos mercados anglosaxóns e en Xapón, cun prezo que ronda os 20.000 €uros. Non tardará moito en chegar aquí.

Alberto Vilariño Tarrío. 3ºC


A CRIOTERAPIA ESTÁ DE MODA:
DOS BALNEARIOS A UN CRUCEIRO ROMPEXEOS.

A crioterapia é unha técnica baseada na aplicacíon de frío sobre o organismo con efectos terapeuticos máis ca notables: antiinflamatorio, analxésico e de alta efectividade química nos distintos tratamentos. As súas ventaxas fixeron que numerosos balnearios a inclúan como servicio estrela.
Esta nova técnica de quimioterapia é efectiva, cuns resultados que impresionan a todo aquel que a proba.


¿IMAXINAS PODER VERTE NUNHA FOTO DE ANTES DE NACER?

¡Pois agora xa é posible! Gracias a unha ecografía en 3 dimensións poderemos ver con total claridade o interior do ventre da embarazada e poderemos saber todo sobre o feto ás poucas semanas de vida.
Ata agora ninguén podía saber tan ben como eramos e como estabamos no útero materno e os negativos das ecografías so eran unhas manchas negras. Esa mancha negra que se move na pantalla e que os doutores din que é un bebé, deixará de ser tal mancha e pasará a ser unhas imaxes en 3 dimensións que nos mostrará ó neno tal e como o veríamos se xa estivese fora. Os negativos das ecografias poderán verse como nunha fotografía, so lle faltará a cor. Esta técnica tardara pouco en xeneralizarse.
Gracias a esta novidade podemos saber que os novos seres humanos ás poucas semanas de vida xa mostran satisfacción e alegría, rin (aínda que non se sabe por que) e parpadean aínda que estean nun lugar escuro.
Pero a ciencia segue avanzando e os expertos aseguran que isto só é o principio e que seguirán traballando nesta liña ata conseguir poder ver iso todo en cor, incluso os pais poderán disfrutar de todas as imaxes do fillo nun DVD.

Markos Sánchez Karrikoba. 3º ESO-C

ROBOTS…¿MULTIFACÉTICOS?


Se eres un pouco tímido e non eres o máis popular do IES, contámosche que de agora en diante poderás ter uns amigos robots.
Estarás pensando en que non son a mellor compaña, pero a verdade é que con eles poderalo pasar moi ben. Cantan, bailan, recoñecen rostros, voces e ¡moito máis!
Sony volve a impresionar. Esta corporación xaponesa non deixou de sorprendernos con últimos inventos. Dos últimos que nos deixaron coa boca aberta está Abo, o can robot. E se con iso pensaches que xa era moito, agora si que terás que sentarte para seguir lendo porque o que che contaremos é ¡incrible!
Sony creou unha especie de super robot con forma humana. ¿Que fai? Pode cantar armonías a catro voces, mover as suas cadeiras e mover os seus brazos con moito ritmo.
Pero non só podes disfrutar do espectáculo que pode facer este SDR-4X. Dacordo co presentado pola compañía, o robot tamén pode recoñecer rostros, voces, nomes, manter conversas simples e levantarse so, cando o empuxan cae o chan. ¿Que che parece? É como para ter un.
Iso sí, son amigos baixiños, pois só mide 60 centímetros. E son bastante caros, polo que terás que poñerte a aforrar con gañas se é que queres un. ¡¡Costan o mesmo que un auto de luxo!!


ROBOT SABUESOS

As películas e a literatura acostumáronnos á cooperación de máquinas e persoas en tódalas tarefas da vida cotiá. A ficción fíxose realidade coa participación de robots nas grandes traxedias humanas, para moverse alí onde os humanos non poden chegar, como a catástrofe do 11 de Setembro, que foi a primerira vez na que os robots fixeron as tarefas de búsqueda e rescate.
Algunhas de estas pequenas máquinas móbiles foron ideadas por Robin Murphy e os seus alumnos da universidade do sur de Florida. Por exemplo un robot "NAI", tan grande coma un caixón, que ten varios "FILLOS", robots de tamaño dunha caixa de zapatos que cambian de forma e son inusitadamente resistentes para soportar pesos grandes e elevadas temperaturas. Son en realidade videocámaras que poden moverse en tódalas direccións montadas sobre rodas. Dende o centro de control obtéñense imaxes e datos gracias á cámara é a múltiplos sensores que incorpora.
A miña opinión é un avance tecnolóxico moi proveitos, porque non hai necesidade de ter que ir guiando a máquina e mellora a seguridade dos demais.

Antonio Fernández de 3ºA


MÚSICA NA MANGA

Non en tódolos países é realidade, pero en Estados Unidos hai lista de espera para facerse cunha cazadora chamada BURTON AMP. A BURTON AMP é unha cazadora que leva os mandos do reproductor de música iPod integrados na manga. A España a cazadora BURTON AMP chegará despois de Nadal.
A cazadora BURTON AMP é unha boa proposta tecnolóxica xa que é cómodo controlar desde a manga da cazadora as funcións do reproductor IPod.


VESTIRSE DE RELAX

Existe un quimono relaxante que, por agora, aínda é un prototipo de Philips Design. O quimono ten un bordado que reparte cargas electrostáticas pola espalda e polos hombros.
Esta prenda é un invento práctico, xa que é cómodo, relaxante e non contamina.

Leticia Penas Soutiño de 2ºE

UN ABRIGO INVISIBLE

Hoxe en día a ciencia está tan avanzada que se te atopas nun apuro, como por exemplo nun exame ó que te presentas sen estudiar nada; tes dúas solucións. A primeira é suspender sen máis, e estudiar para a recuperación; e a outra é desaparecer, pero non de calquera maneira, con clase. Diredes vós ¿como?, pois moi sinxelo, un enxeñeiro xaponés chamado Susumo Tachi, acaba de inventar un abrigo que leva incorporada na parte traseira unha videocámara, esta envía a imaxe a un proxector para que rebote na parte frontal do abrigo, que está feita dun material semellante a unha pantalla de cine. Así que para o ollo humano é invisible. Agora xa non tedes escusa para catear.

Elma Barreiro Vázquez, 3ºD


¿SANGUE QUENTE? DEBES CONSERVAR A TEMPERATURA.

Tratase dunha parka Steep Side. Serve para protexer os teus glóbulos roxos da conxelación. Parka exterior en Omni-Tech Storm Dry AP con reforzos en Matrix CBX que detén o vento e a neve, ó tempo que permite que a humidade se evapore gracias ó seu forro en malla Ultra Wick. O polar interior é de MTR Fleece, e protexe-queixo e colo forrados en Cyber Twill para defenderte dos ataques do frío, incluso en condicións tan extremas como os -30ºC.
Esta prenda abrigosa, non permite a perda de calor corporal. É un invento novo e útil para o uso cotiá das persoas.


E rematamos esta sección con algo non tan novidoso, pero non por iso menos importante, pois sin ela non andaríamos vestidos á última:

A MÁQUINA DE COSER E A SÚA HISTORIA

A primeira máquina de coser foi patentada en 1790 polo británico Thomas Saint. A máquina de Saint, usaba un único fío e formaba unha puntada en cadea. Non se usaba agulla, senón unha lenza para perforar o material que se estaba cosendo. Sen embargo, a máquina de Saint nunca pasou do prototipo.
A primeira máquìna práctica de coser foi fabricada en 1829 polo xastre francés Barthèlemy Thimonnier. Éste empreaba unha agulla en forma de gancho que se movía cara abaixo mediante un pedal e volvía a súa posición inicial mediante un muelle. Ó igual que a máquina de Saint, esta producía unha puntada en cadea. Cando Thimonnier instalou 80 das súas máquinas nunha empresa de confección, os xastres de Parìs levárono a creba e rematou por morrer arruínado en Inglaterra.
A primeira màquina de puntada cerrada foi creada polo inventor estadounidense Walter Hunt en 1834. A màquina de non se patentou no momento da sùa invención, de forma que cando màis tarde Hunt intentou obter unha patente, a sùa petición foi desatendida por motivos de abandono.
Traballando de maneira independente, o estadounidense Elias Howe creou unha máquina que contiña os mesmos elementos básicos que a de Hunt. Outro estadounidense, Isaac Merrit Singer, patentou unha máquina similar e Howe gañou a demanda que interpuso contra el por usurpar a súa patente. Singer, sen embargo, foi responsable da combinación de varias patentes no campo das máquinas de coser e sentar as bases para a producción en serie de estas máquinas.

Zaira García Prieto. S3A

 

Inicio

Oferta Educativa