| |
Hoxe en día a ciencia está tan avanzada que se te
atopas nun apuro, coma por exemplo nun exame ou que te presentas
sen estudiar nada; tes dúas solucións. A primeira
é suspender sen máis, e estudiar para a recuperación;
e a outra é desaparecer, pero non de calquera maneira, con
clase. Diredes vós, ¿como?, pois moi sinxelo, un enxeñeiro
xaponés chamado Susumo Tachi, acaba de inventar un abrigo
que leva incorporada na parte traseira unha videocámara,
esta envía a imaxe a un proxector para que rebote na parte
frontal do abrigo, que está feita dun material semellante
a unha pantalla de cine. Así que para o ollo humano é
invisible. Agora xa non tedes escusa para catear.
Autora: Elma Barreiro Vázquez, 3ºD
|
|