INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
UNHA CARTA PARA EL
 
 

Eu nunca dixen o que sinto por un rapaz. Ese rapaz é alto, moreno, delgado... ¡TENO TODO!
Eu ámoo, xa llo dixen, e non me fixo caso, pero sigo insistindo.
A vida para min, sen el, non ten sentido. El é todo o que quero. Nada, nin ninguén ocupará o seu lugar.
Eu ámoo, repito unha e outra vez, pero ninguén me escoita, ninguén me comprende, ninguén me apoia... todo o mundo me di que viva a vida, que son dous días, pero... é que, sinceramente, ¡NON PODO!
¡Cada vez que o vexo! eses ollos, eses beizos, ese sorriso, ¡TODO EL É ESPECIAL! Cada vez que vexo a súa foto, éntrame unha angustia dende o fondo do estómago ata chegar ós meus ollos. Pouco a pouco voume debilitando e sinto como as miñas bágoas vanse derramando polas miñas pálpebras.
Intento aguantar todo o que podo para non derramar unha bágoa máis, pero os meus ollos énchense como unha lagoa, a vista vólveseme borrosa e necesito derramar esas bágoas.
O meu corazón, cada vez que o ve, ou que o sente, ponse a cen por hora. Late como nunca latexara, e óese como eses latexos fan: pumpum, pumpum..., así unha e outra vez.
Este amor que declarei neste precioso papel, tan valioso para min, é por...
A ver se algún día este amor se puidera afastar do meu corazón.

Anónimo

 

Inicio

Oferta Educativa