INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
UNHA PAIXÓN CONTIDA
 
 

O pulso de Nela acelerábase cada vez máis cando Xan se achegaba a ela. Nela, que non podía conterse, respiraba entrecortadamente; mentres, Xan percorría coas súas mans o corpo de tan fermosa doncela.
O silencio invadía o cuarto e o cúmulo de paixóns contidas e sentimentos retraídos, creaba unha atmosfera que estaba a punto de estoupar.
Nela respirou profundamente e comezou a se deixar levar por Xan; os dous tiñan a mesma ambición, pero nunca o manifestaran deste xeito. Agora era real, era tanxible, non era abstracto.
Con seguridade, Xan arrodeaba o corpo de Nela co seu e estreitándoa entre os seus fortes brazos de cabaleiro, os dous fundíronse nun apaixonado bico. A situación era límite, o volcán creado polos sentimentos estaba a punto de deixar caer a súa lava máis quente. A eclipse entre os dous amantes estábase a iniciar e as retraídas paixóns ían saír á luz.
Nun lance de atrevemento, Xan deixou caer a Nela no leito e comezou a acariciala con ansia e desexo. Nela deixábase levar por el, e os amantes fóronse introducindo nun desordenado cuarto. Prendas polo chan que arroladas polos amantes xacían impasibles. Alma, corpo, interior, exterior, todo un cúmulo de cousas se fundía cando Nela miraba a Xan. O silencio marcaba o tempo, o pracer sacaba todo o que ata aquel intre os mozos non se dixeran.
Amenceu e o corpo de Nela estendido sobre o de Xan cobraba a súa orixinal debilidade, lonxe da fortaleza e vitalidade que conseguira acadar. El abriu os ollos e observou que Nela durmía tranquila, sentíndose protexida entre os seus brazos; de contado deulle un tenro bico na fronte e ela espertou. Olláronse e Xan esbozou un sorriso que motivou a Nela a esbozar outro.
De novo, os dous nocturnos amantes volveron a se esvaecer nun profundo sono.

Alguén que non se esquece de que existe o INTRES
M.V.L.

 

Inicio

Oferta Educativa