|
Onte á noite estaba na cociña con miña nai
e vin no "Telexornal" os nenos que viven nos países
que están en guerra.
Empecei a pensar neses nenos que non teñen, moitas veces,
nada para comer; nin unhas zapatillas para os seus pés, nin
escola na que poidan aprender, e pode que tampouco os bicos dunha
nai ou dun pai porque os perderon. Pensei que só terían
medo pola cantidade de bombas que escoitan ó lonxe e ás
veces tamén moi preto, e fixeime nos ollos tan tristes que
teñen eses nenos, que son nenos coma min, pero con peor sorte.
Cando esa noite durmín, soñei con un mundo no que
os nenos eran nenos, onde non había guerras e todos eramos
felices, onde había flores e non armas. Eu estaba contento
no meu soño, pero o malo foi cando espertei e vin que só
era iso: un soño.
¿Por que ten que haber guerras?
¿Por que vexo odio na cara dos homes en vez de amor?
¿Por que vexo, nas mans dos nenos, pistolas en vez de xoguetes?
¿Por que vexo fillos sen pais e pais sen fillos?
¿Por que hai tanta violencia por todas partes?
Eu creo que todos os nenos e nenas do mundo seriamos felices se
os maiores tirasen as armas onde non se puidesen atopar xamais e
vivísemos para sempre nun mundo en paz.
¡Loitemos xuntos por un mundo feliz!
Jesús Soengas Gómez. 1º C - E.S.O
|