| |
Amigos meus, esa tradiciónque di que para ter un fillo é
necesaria a intervención dun home está a punto de
rematar. Sí, como volo conto, ou ¿é que non
oistes falar da clonación? Vale, xa sei que está prohibida,
pero todo se andará.
Mediante esta técnica, unha muller é capaz de crear
un individuo idéntico a ela. O proceso consiste en obter
o núcleo dunha célula calquera do corpo e introduci-lo
nun óvulo. Despois, a célula resultante implántase
no útero dunha muller e, xa está.Pensaredes vós:"pois
mira ti,despois todas as persoas serán idénticas a
súa nai".pois non,xa o teño eu todo ben pensado,porque
mediante a enxeñería xenética pódese
introducir ADN doutra muller no desa ,ou incluso de varias ,polo
que o individuo resultante será unha mestura de todas esas
mulleres.
Asi que, rapazas, xa sabedes, non necesitamos os homes para nada;
e eles pensando que nós eramos o sexo débil.Pero eles...
PD:Este artigo vai dirixido a todos os machistas do instituto,en
especial a Samuel
Beatriz Rey Gosenje
S4A
|
|