| |
Uxía estaba alí,diante do nicho onde Xosé
descansará para toda a eternidade.Agora xa non volverá
e ela séntese tan vacía por dentro que non atopa ningunha
razón para seguir vivindo.Pensa que quizais non merece estar
aquí e que sen Xosé para ela nada vai ter senso a
partir de agora.Nada polo que loitar,nada que acadar,ningún
obxectivo,ninguna ambición,NADA.
Todo comezou tras aquela visita ó médico;aquel día
as ilusións de Xosé e os seus soños próximos
por acadar,víronse esvaídos para sempre;as ganas de
seguir con vida esfumáronse,a súa esperanza de vida
era cada vez máis curta.O que o doutor lle dixera non llo
contaría a ninguén,nin sequera a Uxía.
Pero agora Xosé precisaba falar de inmediato con laguen sobre
o que sufría facía uns meses.El sempre fora un rapaz
de moita vitalidade,forte e rexo,con ganas de comelo mundo,pero
agora todo se volvía nada e sentía que o seu corpo
pronto sería cinza.
Durante unha longa temporada intentou manter o segredo,xa non podía
máis e sentía a necesidade de compartilo con alguén.A
única a quen llo contaría era a Uxía,a súa
amiga,a súa razón de vivir e pola que aínda
sentía que podía seguir loitando.
Uxía coñecía moi ben a Xosé,sabía
que dende había un tempo para atrás,el estaba preocupado
por algo,nunca se imaxinou que poidese ser de tanta gravedade.
Quedaron para estar xuntos como tódolos venres,para falar
das súas cousas.Sempre acostumaban,despois dun longo paseo
pola praia,sentarse a reflexionar fronte ó mar mirando ó
horizonte.Uxía,que xa notara a Xosé nervioso durante
o paseo,preguntoulle que lle pasaba.El gardou silencio,pero non
as bágoas que comezaron a escorrer polas súas meixelas.Ela
estábase preocupando,nunca vira chorar a Xosé daquel
xeito e presentía que algo grave lle acontecía.Así
que abrazouse a el esperando unha resposta.
Xosé pensouno moito antes de contarllo,sabía que Uxía
era forte pero temía que se derrubara.Sacou forzas de onde
puido e contoullo;ela quixo pensar que o que os seus oídos
percibían non era certo,que era un pesadelo.Non foi así,todo
aquilo era real,era verdadeiro e non estaba nun soño.Pero
non se bloqueou,sabía que ela era o único pretexto
polo que Xosé sentiría forzas para seguir loitando,a
unica que conseguiría que el seguise adiante ata o final.El
contaba co apoio de Uxía de forma incondicional e para sempre.
Agora tamén as bágoas caían polas meixelas
da rapaza.Uxía colleuno fortemente da man e propúxolle
vivir o que lle quedaba sen pensar nos límites,sen pensar
no final,disfrutando do mellor,xuntos e sen barreiras.Aquel instante
que estaban a compartir nunca desexaron ter que pasar por el,pero
era o que o destino lles deparara.
O sol xa se escondía tras o horizonte e mentres,Uxía
fregáballe o lombo a Xosé de forma agarimosa e bicándoa
de vez en cando na meixela;el sentíase seguro,protexido por
ela,era unha sensación que desexaría que permanecese
eternamente.
Alguén que segue sen esquecer o Intres.
M.V.L.
|
|