| |
Vincent Van Gogh naceu o 30 de marzo de 1853 nunha pequena localidade
de Holanda. Era o maior de seis irmáns aínda que só
tivo trato co seu irmán Theo que o axudou sempre. Vincent
foi un neno moi tímido e sensible que axiña se refuxiou
na pintura. Gustáballe dar longos paseos solitarios, non
deixaba que ninguén o acompañara.
Toda a súa vida estivo chea de tristuras, soidades, pobreza,
depresións ... e incluso chegou a cortarse un anaco de orella
nun estado de desesperación.
Fixo longas viaxes a pé polo norte de Francia e sur de Bélxica.
Nesas camiñatas debuxa as paisaxes que ve. Anos despois ingresa
nun hospital psiquiátrico e posteriormente nun asilo onde
sofre ataques epilépticos graves. Alí pinta máis
de 250 obras que ninguén valoraba.
Consérvanse 43 autorretratos de Van Gogh debido a que se
tomaba como modelo para ensaiar novas cores e técnicas e
ademais porque non tiña cartos para pagar a ningún
modelo.
Sen dúbida foi o pintor holandés máis importante
despois de Rembrandt. Pintou uns 1.000 óleos e 2.000 debuxos
en só dez anos, os cales asinaba co nome de Vincent.
Foi un dos artistas menos afortunados xa que só vendeu un
cadro na súa vida.
Van Gogh, cando tiña 37 anos, estaba sen amigos e convencido
de ser un fracasado e unha carga para o seu irmán Theo, decidiu
rematar a súa vida dun disparo no peito no ano 1890.
Vanessa Taboada Vázquez 2º ESO-D (Actividades Alternativas)
|
|