INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
VIVO NUNHA SOCIEDADE
 
 


Vivo nunha sociedade na que unha das cousas máis valoradas nas mulleres é o seu físico. O que gusta é que vaian ben amañadas e a poder ser ben descocadas.
As miñas hormonas encóntranse nun estado de auténtico delirio, o meu corpo sofre cambios cos que me fai reaccionar de forma distinta.
As miñas dúas metas neste momento son aprobar todo para poder saír en fin de ano, e ver cómo é o mundo da noite, ese que tanta curiosidade me produce do cal os maiores ca min din que é o mellor, se é o mellor, eu tamén quero desfrutalo.Tamén teño outra meta, saír co rapaz que está tan bo, de bacharel, pois de seguro se teño algo con el, serei a envexa entre as miñas compañeiras.
As miñas revistas máis usuais, son a Bravo e a Superpop, as que son tan guais e me soen traer un anel moi de moda, delas aprendo cómo gustarlle ós rapaces, e como pintarme e vestirme para que os demais babeen ata deshidratarse ó meu paso.
Teño 13 anos e estou empezando a adolescencia ou idade do pavo. E o único que quero e pasarmo ben.
E agora para os machitos, poñamos por exemplo de 15 anos para arriba, que tan maduros e responsables se cren, que tan mal falan destas rapaces, denominándoas de todo tipo de cousas. ¿Teñen elas toda a culpa de ser así?

Unh@ defensor@ de menores (incluíndose)

 

 

Inicio

Oferta Educativa