INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
XULIO VERNE
 
 

Escritor francés nacido no ano 1828.
Era fillo dun avogado e tamén el estudiou dereito en París, pero xa nos anos universitarios comezou a ocuparse da literatura e do teatro.
Obtivo gran éxito coa novela Cinco semanas en globo á que seguiron moitas narracións que fixeron del un dos escritores máis populares do seu século.
A súa inmensa obra está destinada principalmente ós xoves pero oculta significados e mensaxes moito máis complexas do que se pode supoñer.

Entre as súas obras máis coñecidas destacan:

· Viaxe ó centro da Terra
· Os fillos do Capitán Grant
· Vinte mil leguas de viaxe submarino
· A Illa misteriosa
· A volta ó mundo en oitenta días
· Miguel Strogoff
· Un capitán de quince anos
etc, etc.

No ano 1872 Julio Verne abandonou París e viaxou moito por Inglaterra e América do Norte a bordo do iate que mercara coas ganancias dos seus libros. Logo illouse do resto da xente pero continuou escribindo novelas, relatos e comedias.
Julio Verne morreu no ano 1905.


Cristina Sanguiao Vázquez 2 Eso -D
(Actividades Alternativas)


 

Inicio

Oferta Educativa