| |
Antigo mercado de froito de Melide, situado detrás da Obra
Pía de San Antón que fora fundada polo Arcebispo D.
Mateo de Segade Bugueiro no século XVII.
No ano 1860, o Pazo foi mercado polo Concello, onde está
hoxe instalado, e o curro do Pazo foi transformado en Praza do mercado
do froito: trigo, centeo, landras, castañas,...
O curro estaba cercado de muro de pedra e o seu lateral tiña
un alpendre con columnas onde se ataban as cabalerías dos
tratantes. A esta praza bautizouse co nome de "Alhóndiga",
nome árabe que vén a significar lugar do mercado do
froito.
Esta "Alhóndiga" era un lugar moi popular en Melide,
tanto como mercado como escola de nenos, por ser lugar de xogos
da billarda, da panda, da pelota, ou como lugar para a matanza dos
porcos.
Nos anos 70 foi transformada e edificouse unha praza de abastos
e unha rúa, tal e como se pode ver hoxe, sufrindo unha transformación
total e quedando só o nome desa nova rúa "Rúa
da Alhóndiga"
|
|