| |
Nace en Toiriz (As Cruces). Foi crego, profesor de música
do Seminario menor de Lugo e director da "Schola Cantorum"
á que promoveu chegando a 128 voces mixtas, interpretando
a mellor música polifónica clásica.
Compositor de numerosas obras polifónicas en latín
de tipo relixioso, é autor da primeira misa en lingua castelá
que se cantou en España (1957).
Durante moitos anos impartiu clases de relixión e de grego
no Instituto de Melide.
Foi director da Coral de Arzúa e Melide durante moitos anos.
|
|