|
Este camiño pasaba por Melide, procedente de Vilouriz,
Vilamor, Ponte da Pedra e pasaba a carón do antigo Convento
franciscano de Sancti Spiritus que tiña á súa
beira o Hospital de Peregrinos (hoxe Museo da Terra de Melide).
Seguía pola rúa de Ovedo que se chamaba antes Rúa
de Nalar (deformación de Narla).
Na rúa Principal desembocaba o outro Camiño chamado
"francés". Á beira desta Rúa "Camiño
de Ovedo" había moitas casas:
"Las casas del camino de Ovedo son todas del Convento de Sancti
Spiritus"
Este Camiño de Santiago tamén se coñece como
o Primitivo ou do Norte.
|