| |
ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO
Castelao naceu en Rianxo no ano 1886. Foi unha das personalidades
galegas máis grandes de tódolos tempos. Foi pintor,
debuxante, caricaturista, escritor, ensaísta, investigador
e político, entre outras cousas.
Formou parte do Partido Galeguista e foi elixido deputado para as
Cortes da II República. Fixo sempre unha sonada defensa da
lingua galega e polas súas ideas políticas tivo que
exiliarse.
En toda a súa producción artística e literaria,
Castelao amosa o seu profundo galeguismo. Destacar obras como Cousas,
Os dous de sempre, Os vellos non deben de namorarse, Un ollo de
vidro- Memorias dun esquelete, Sempre en Galiza, o álbum
de ilustracións Nós, Milicianos, Debuxos de negros,
etc.
Castelao morreu en Bos Aires no ano 1950. Hoxe os seus restos repousan
no Panteón de Galegos Ilustres de Santo Domingo de Bonaval
en Compostela.
Trátase sen dúbida da personalidade galega máis
relevante do século XX e pola súa significación
no ámbito da plástica, da literatura e da política
é indiscutiblemente o símbolo máis popular
e unánime da defensa do noso pobo e da nosa patria.
|
|