| |
Francisco de Castro Canseco naceu no ano 1655 en Valderas (León).
Este importante arquitecto e escultor-entallador veu a Galicia e
instalou o seu obradoiro en Melide onde fixo, por exemplo, o Coro
do Real Mosteiro de Sobrado (1693) que é a súa primeira
obra documentada. Gracias ós traballos realizados na primeira
etapa da súa vida profesional, puido adquirir en Melide algúns
bens.
Entre a súa abundante producción nomeamos:
· Capela de Santo Cristo de Ourense (1696)
· "Sillería" do Coro da Catedral de Tui
· Retablos maior e laterais de Celanova
· A imaxe da Virxe do Rosario de Ourense, considerada a máis
lograda.
· A fachada do Mosteiro Cisterciense de Santa María
a Real de Oseira (Cea-Ourense)
· Retablo de San Paio de Santealtares (Santiago), entre outros.
Pero Castro Canseco é importante na historia de Melide
porque foi o que fixo o Retablo Maior coas imaxes de San Francisco,
Santo Domingo e a Inmaculada do Convento de Sancti Spiritus, é
dicir, a Igrexa Parroquial de Melide (1690) así como o Pentecoste
situado na parte superior do mesmo retablo. Tamén é
autor da imaxe da Verónica que se pode ver na Capela de San
Antón.
O "Churriguera Galego", como é coñecido
Castro Canseco, fixou a súa residencia en Ourense no 1700
e alí morreu no ano 1724.
|
|